O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Cambio de data: a Festa da Familia Papaventos celebrarase o sábado 14 de setembro

Cultura· News

29/08/2024
29 Ago

A previsión de choiva obriga a retrasar a celebración para a vindeira semana ||

A festa Holi, da escuma, actuacións como a The Show Moscón ou o Mago Teto, os obradoiros para toda a familia e os xogos farán desta cita unha xornada inesquecible ||

 

Debido ás previsións meteorolóxicas adversas para este sábado, 7 de setembro, o Concello de O Pino informa que a terceira edición da Festa da Familia Papaventos cambia de data. A celebración terá lugar o próximo sábado, 14 de setembro.

Este evento, deseñado para ofrecer un día cheo de diversión e entretemento para persoas de todas as idades, contará cunha ampla variedade de actividades para que tanto pequenos como maiores gocen dun día inesquecible en contacto coa natureza.

A festa dará comezo ás 12:00 horas cun espazo lúdico aberto a todos os asistentes. Durante toda a xornada, poderanse participar en xogos populares como a carreira de sacos e o tiro de boina, así como nun emocionante concurso de tute. Non faltarán os obradoiros en familia, onde se poderán crear broches de fieltro ou cadros en compañía dun papaventos.

A programación de espectáculos desta edición é especialmente destacada, con propostas para todos os gustos. Galitoon traerá a súa divertida obra The Show Moscón, seguida de Bandullo Azul con Fazulas e o ladrón de Paraugas. O Mago Teto sorprenderá co seu espectáculo Rock ‘N’ Magic, onde mestura maxia e música, mentres que o Circo Expreso 2 con Desastronauts achegará un toque circense que deixará boquiabertos a grandes e pequenos.

A cor e a alegría estarán presentes coa esperada festa Holi, que tinguirá a carballeira de tons vibrantes, así como dunha refrescante festa da escuma ás 19:00 horas, un dos momentos máis agardados do día.

Ademais, como non podía ser doutro xeito, a festa incluirá un tradicional xantar na carballeira, creando un ambiente perfecto para compartir en familia. A partir das 17:00 horas, as familias poderán participar na Factoría de Obradoiros onde se realizarán tatuaxes temporais, tarxetas en forma de papaventos e papaventos feitos con foamy modelable.

A troula non rematará aquí, xa que haberá postos de comida, regalos e moitas sorpresas para os asistentes, garantindo un día cheo de diversión para todos.

A Festa da Familia Papaventos, que se realiza coa colaboración da Xunta e da Deputación da Coruña, é unha cita ineludible para quen desexe gozar dun día de xogos, música, maxia e moito máis, nun ambiente de alegría e convivencia. O Concello do Pino convida a todas as familias a unirse a esta celebración, que xa se consolidou como unha das máis entrañables da comarca.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os nenos e nenas do Pino gozan dun verán de aventuras grazas ao programa ‘Viaxando coa cativada’
O Concello do Pino celebra este sábado 14 de setembro a III Festa da Familia Papaventos »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English