O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino asina un convenio con Inserta Emprego para fomentar o emprego das persoas con discapacidade

News

18/05/2026
18 May

O acordo contempla programas de inserción laboral, actuacións de sensibilización e melloras de accesibilidade vinculadas tamén ao Camiño de Santiago  ||  

Conta co cofinanciamento da Unión Europea  || 

 

O Concello do Pino aposta pola inclusión laboral das persoas con discapacidade coa colaboración de Inserta Emprego, da Fundación ONCE. O alcalde, Manuel Taboada, e Mar Medeiros, directora de Mercadotecnia Social e Convenios de Fundación ONCE e directora de Área de Empresas, Alianzas, RSC-D de Inserta Emprego, asinaron  un convenio para fomentar o emprego das persoas con discapacidade do municipio.

Este acordo establece un marco de colaboración para mellorar a situación no mercado laboral das persoas con discapacidade mediante o establecemento de programas de formación, captación, derivación, orientación e inclusión no mercado laboral, co obxectivo de facilitar o seu acceso a un emprego de calidade.

Manuel Taboada destacou que este convenio “permitirá avanzar cara a un municipio máis inclusivo, accesible e comprometido coa igualdade de oportunidades e coa integración laboral das persoas con discapacidade”.

Pola súa banda, Mar Medeiros destacou que se trata dunha alianza especialmente relevante polo seu impacto na inclusión laboral e social, e subliñou o seu potencial de difusión grazas á localización estratéxica do municipio, punto de partida da última etapa do Camiño de Santiago. “Este convenio permitirá que O Pino sexa non só a porta do Camiño de Santiago, senón tamén a porta da inclusión”.

O convenio prevé desenvolver actividades de sensibilización dirixidas á cidadanía, asociacións, tecido empresarial, centros educativos e ANPAs, fomentando experiencias inmersivas que permitan visibilizar as dificultades ás que se enfrontan as persoas con discapacidade no seu día a día.

O convenio inclúe a colaboración co tecido asociativo do Pino para que a prestación de servizos a persoas con discapacidade se canalice a través das diferentes asociacións que as representan.

Outro dos ámbitos nos que se traballará será a accesibilidade no Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, mediante actuacións relacionadas coa sinalización específica e a mellora da información para persoas con discapacidade.

Na sinatura do convenio, celebrada no salón de plenos, tamén estivo presente Mauricio Martínez, coordinador de Inserta Emprego en Santiago de Compostela e que se encargará de xestionar o convenio por parte de Inserta Emprego.

Fundación ONCE e Inserta Emprego

Fundación ONCE é a principal entidade social española que traballa para a plena inclusión das persoas con discapacidade para o desenvolvemento de iniciativas e programas nos campos do emprego, a formación, así como a accesibilidade e o deseño para todos co fin de impulsar contornas, produtos e servizos globalmente accesibles.

Así, Fundación ONCE puxo en marcha a organización Inserta Emprego, que é a entidade de recursos humanos experta na atención ás persoas con discapacidade e que centra a súa actividade en mellorar a súa formación e conseguir a súa inclusión no mercado laboral. Conta cunha experiencia de máis de 25 anos e un equipo de expertos en orientación e intermediación, repartidos polas súas 53 oficinas en toda España. Axuda ás persoas con discapacidade a atopar emprego, fórmaas se é necesario, e ofrece ás empresas os mellores candidatos e candidatas para os postos que necesitan cubrir. Todo iso sen custo algún.

A actividade de Inserta Emprego enmárcase nos programas estatais FSE+ de ‘Emprego Xuvenil’ (CCI 2021É05SFPR001) e de ‘Inclusión Social, garantía infantil e loita contra a pobreza’ (2021É05SFPR003), entre outros, que está a desenvolver Fundación ONCE a través de Inserta Emprego, coa cofinanciación da Unión Europea para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.

Mar Medeiros Cuiña e o alcalde, Manuel Taboada Vigo, na sinatura do Convenio. A dereita, Mauricio Martínez, xestor do convenio e coordinador de Inserta Emprego en Santiago

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2026
Javier Posse recibe a homenaxe de 300 persoas no Pino despois da súa xubilación como párroco de Budiño, Cesar, Marantes, Nemenzo e Verdía »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English