O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino acolle unhas xornadas de atletismo ao abeiro do Plan Corresponsables

News

11/10/2024
11 Oct

O Club Atletismo O Pino organiza esta actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos de forma gratuíta ||

A cita terá lugar no pavillón de Lameiro entre o 14 e o 26 de outubro |

O Concello do Pino colabora coa celebración das xornadas de atletismo organizadas polo Club Atletismo O Pino a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Atletismo. As actividades, que terán lugar entre o luns 14 de outubro e sábado 26, desenvolveranse no pavillón de Lameiro e están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, ofrecéndose de forma totalmente gratuíta.
Estas xornadas pretenden achegar aos máis pequenos ao mundo do atletismo de maneira lúdica, a través de adestramentos nas distintas disciplinas como carreiras, saltos, lanzamentos, valados e marcha. O evento contará cunha xornada especial o sábado 26 de outubro pola tarde, cando se celebrará unha divertida xincana de obstáculos para toda a cativada.
Os horarios das actividades distribúense por grupos de idade:
• Luns: 17:00 a 20:10 horas
• Martes: 17:30 a 19:00 horas
• Mércores: 17:00 a 20:10 horas
• Venres: 18:00 a 19:30 horas
• Sábado: 10:00 a 12:00 horas
As inscrición poden realizarse dende o luns 14 ás 15:00 horas ata o 26 de outubro ás 23:59 premendo nesta ligazón.
As persoas que desexen obter máis información poden contactar co Club Atletismo O Pino a través do correo electrónico clubatletismoopino@gmail.com ou chamando ao teléfono 653 595 949 (Javier).
Estas xornadas ofrecen unha excelente oportunidade para que os máis pequenos coñezan e desfruten do deporte, fomentando hábitos saudables e a convivencia.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As familias do Concello do Pino aprenderon e gozaron nas Xornadas de Corresponsabilidade
O Concello do Pino obtén unha subvención para fomentar o envellecemento activo e combater a soidade non desexada en 2024 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English