O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino acolle un ciclo de obradoiros prácticos de capacitación dixital

News

09/05/2025
9 Mai

O obxectivo é facilitar o acceso ás ferramentas tecnolóxicas básicas e reducir a fenda dixital ||

A formación desenvolverase os días 19, 21, 23, 26 e 28 de maio, en horario de 16.30 a 18.30 horas ||

O Concello do Pino pon en marcha un ciclo de obradoiros gratuítos de Capacitación Dixital co obxectivo de facilitar o acceso ás ferramentas tecnolóxicas básicas e reducir a fenda dixital. A formación desenvolverase os días 19, 21, 23, 26 e 28 de maio, en horario de 16.30 a 18.30 horas, no antigo centro de saúde situado na Avenida de Lugo.

Esta iniciativa inclúe cinco talleres prácticos nos que se abordarán cuestións clave para o día a día da cidadanía, como a realización de trámites cos centros de saúde e outras administracións; o uso de ferramentas ofimáticas básicas; o manexo de móbil e a tablet; a xestión do correo electrónico e a obtención e uso do certificado dixital.

Trátase dunha proposta inclusiva, sen límite de idade, pensada para mellorar a autonomía dixital das persoas participantes e favorecer a súa integración nos novos contornos tecnolóxicos.

As persoas interesadas poden inscribirse a través dos Servizos Sociais municipais, ou ben contactar directamente mediante no teléfono 604 011 269 ou no correo electrónico tic@empleoenred.org.

Desde o Concello do Pino animamos á veciñanza a participar activamente nesta formación, que contribuirá a mellorar a calidade de vida e a confianza no uso das novas tecnoloxías.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Coros e grupos tradicionais do Pino e comarca únense no encontro ‘Voces para as Letras’
Abren as inscricións para participar no Pino Aventura o sábado 31 de maio en San Miguel de Pereira »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English