O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino acolle a presentación do primeiro libro de Carmiña Carrillo Vaamonde

Cultura· News

06/05/2025
6 Mai

O acto estivo presidido pola concelleira de Cultura Eva Varela e contou coa asistencia do alcalde Manuel Taboada ||

A presentación comezou cunha mesa redonda na que participaron a xornalista María José Gómez Barreiro e Alicia Beatriz López Gallego, antiga mestra da autora nun obradoiro de escritura creativa ||

O auditorio municipal do Pino acolleu este domingo, 4 de maio, a presentación do primeiro libro da veciña Carmiña Carrillo Vaamonde, titulado Mil escritos desordenadamente ordenados. O acto, presidido pola concelleira de Cultura Eva Varela e ao que tamén  asistiu o alcalde, Manuel Taboada, reuniu a máis dun cento de persoas que quixeron acompañar a autora neste emotivo debut literario.

A obra de Carmiña Carrillo recolle unha coidada selección de relatos, poesías, fotografías e debuxos, nos que a autora expresa a súa visión persoal sobre a vida, a familia e as emocións. Un dos textos está especialmente dedicado ao seu pai, cunha mensaxe cargada de agarimo e homenaxe.

A presentación comezou cunha mesa redonda na que participaron, ademais da autora e da concelleira de Cultura, a xornalista María José Gómez Barreiro e Alicia Beatriz López Gallego, antiga mestra de Carmiña Carrillo nun obradoiro de escritura creativa. Ambas compartiron reflexións sobre o proceso de creación literaria e o valor da expresión artística.

A xornada rematou cunha sesión de sinaturas, na que Carmiña Carrillo asinou exemplares do seu libro ás persoas asistentes.

O Concello do Pino salienta o compromiso coa promoción cultural e co apoio a iniciativas literarias que nacen do propio municipio.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino organiza unha charla para concienciar sobre a hipertensión
Coros e grupos tradicionais do Pino e comarca únense no encontro ‘Voces para as Letras’ »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English