O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Abre o prazo para solicitar as bolsas municipais de 300 euros para estudantado universitario e de FP superior

News

01/10/2026
1 Oct
  • As achegas, de 300 euros, destínanse a financiar gastos de material, residencia ou matrícula
  • O prazo para presentar as solicitudes remata o 16 de outubro

01 de outubro de 2026

Coa publicación realizada este xoves, 1 de outubro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do extracto da convocatoria das axudas municipais dirixidas a estudantes universitarios/as e de ciclos formativos de grao superior, abre o prazo para solicitar as axudas no curso académico 2026/2027.

Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha axuda de 300 euros.

O prazo cóntase desde o día seguinte ao da publicación do extracto no BOP, isto é: do 2 ao 16 de outubro poderán formalizarse as solicitudes no modelo establecido a tal fin no Rexistro Xeral do Concello ou por algunha outra forma contemplada na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

28 de setembro de 2026

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este luns, 28 de setembro de 2026, as bases reguladoras das axudas do Concello do Pino dirixidas a estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior durante o curso académico 2026/2027.

As axudas, de 300 euros por alumno/a, teñen como finalidade contribuír a financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula derivados dos estudos. O Concello destina a esta convocatoria un crédito global máximo de 3.000 euros.

Segundo establecen as bases, poderán optar ás achegas as persoas empadroadas e con residencia efectiva no Concello do Pino cunha antigüidade mínima dun ano que estean matriculadas no curso 2026/2027 en estudos universitarios de grao ou máster —quedan excluídos os estudos de doutoramento— ou en ciclos formativos de grao superior. As persoas solicitantes deberán cumprir tamén os requisitos de renda e o resto das condicións establecidas na convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP ata o 16 de outubro de 2026.

As solicitudes deberán formalizarse no modelo establecido e presentarse no Rexistro Xeral do Concello do Pino ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación acreditativa establecida nas bases, entre ela a correspondente á matrícula, á renda familiar e aos gastos para os que se solicita a axuda.

En total, concederanse dez bolsas de 300 euros ás persoas que, cumprindo os requisitos, acrediten os ingresos familiares máis baixos, ata esgotar o crédito dispoñible de 3.000 euros.

As bases completas e os anexos necesarios para tramitar a solicitude poden consultarse na web municipal, nesta ligazón.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 118.000 euros á senda peonil de Regas ao cruce de Casal e contará cunha achega da Deputación da Coruña de 94.500 euros

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English