O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino abre a venda de entradas para o xantar popular da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

News

07/07/2026
7 Jul
  • A comida celebrarase o domingo 2 de agosto baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei, e as entradas xa poden adquirirse en numerosos establecementos do municipio

    Xantar popular dunha edición anterior da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

O Concello do Pino acaba de poñer á venda as entradas para participar no tradicional xantar popular da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, celebración que este ano chega á súa XXV edición e que terá lugar a fin de semana do 1 e 2 de agosto.

O xantar, unha das citas máis destacadas do calendario gastronómico do municipio, terá lugar o domingo 2 en Arca. Como sempre, será a partir das 15.00 horas baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei, e reunirá centos de persoas.

As entradas teñen un prezo de 30 euros e poden adquirirse de forma anticipada en diferentes establecementos de hostalaría repartidos por distintas parroquias do concello.

Os puntos de venda habilitados son Bar Pedrouzo, Bar Muíño e Bar Regueiro, en Arca; Perruquería Sandra, en Castrofeito; Bar Toxo, en Budiño; Bar Suárez, no Pino; Bar Carballeira, en Gonzar; Restaurante Reta de Cobas, Restaurante O Cruceiro e Bar Varela, en Lardeiros; Bar Cabaleiros, en Medín; Bar A Xesta, en Ferreiros; Parrillada A Esquipa, na Salceda; e O Mesón, O Empalme e Andaina, en Cerceda.

Venda anticipada ata o venres 31 de xullo

A venda anticipada permanecerá aberta ata o próximo venres 31 de xullo. Ademais, no caso de quedar localidades dispoñibles, as entradas tamén poderán adquirirse o mesmo domingo 2 de agosto pola mañá, no stand do Concello do Pino situado na praza de Forcarei.

Desde o Concello do Pino anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta cita gastronómica, un dos momentos centrais da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha celebración que cada ano pon en valor os produtos locais, a tradición gandeira e a riqueza cultural do municipio, consolidándose como un dos grandes referentes festivos do verán na comarca.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino organiza o II Concurso de Murais con motivo da Festa do Galo Piñeiro
O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a Ramón Iglesias, a Isabel Sánchez, a Sara Purificación Martínez e a Mercedes Vázquez »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English