O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello de O Pino repartirá máis de 1.700 euros no XXII Concurso de Disfraces de Entroido

News

27/01/2020
27 Xan

O Concello de O Pino celebrará o domingo 23 de febreiro ás 17:30 horas o XXII Concurso de Disfraces de Entroido. A actividade terá lugar na Praza do Concello e estará aberta para todas as persoas que queiran participar. Os únicos requisitos para formar parte do certame son ir disfrazado e anotarse na Praza do Concello o mesmo día do concurso, a partir das 16:30 horas, aínda que tamén haberá inscrición previa.

Os premios desta edición alcanzan máis de 1.7000 euros e repartiranse entre as seguintes categorías: infantil (150 e 100 € para os dous primeiros clasificados), máis orixinal (150 €), individual (150 €), parella (175 €), grupo (250 €), carroza (300 €) e comparsa (500 €).

Os gañadores serán designados por un xurado composto por persoas alleas ao Concello de O Pino. No caso das comparsas e grupos, o xurado valorará vestiario e maquillaxe (que sexa un traballo feito a man e que empreguen materiais de refugallo); a orixinalidade; a organización do traballo en equipo; e que involucren ao público. Os criterios de valoración para os disfraces individuais serán tamén a orixinalidade do vestiario, a maquillaxe e involucrar ao público.

Todos os menores de 12 anos terán un agasallo se van disfrazados, figuran inscritos no concurso e desfilan polo escenario. As comparsas deberán estar compostas por un mínimo de 10 persoas representando un mesmo motivo; os grupos poderán estar formados por entre 3 e 9 persoas e as carrozas por un mínimo de 4 representando algún motivo enriba dun móbil.

As bases do concurso pódense consultar no documento adxunto a esta nova. Tamén se pode descargar a ficha de inscrición e a autorización a menores, que deberá entregarse asinada polo pai, nai ou titor/a.

Gañadores do concurso de carteis

Por outra banda, os traballos gañadores do concurso de carteis de Entroido organizado polo Concello de O Pino entre o alumnado do municipio ilustrarán o cartel do XXII Concurso de Disfraces. O certame vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 17 anos empadroados no Concello, repartidos en catro categorías segundo a idade. O prazo para participar remata o venres 31 de xaneiro.

Icon

Bases do XXII Concurso de Disfraces Concello de O Pino

1 file(s) 92.23 KB
Download
Icon

Ficha de inscrición do XXII Concurso de Disfraces Concello de O Pino

1 file(s) 111.05 KB
Download
Icon

Autorización a menores do XXII Concurso de Disfraces Concello de O Pino

1 file(s) 92.03 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Nova orde de axudas da Xunta para a concesión de prestacións por fillos menores de 3 anos e convocatoria da Tarxeta Benvida
PP e BNG rexeitan anular o Pleno de decembro como pedía o PSdeG, que se abstén na votación »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English