O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O Concello convoca o XXI Concurso de Carteis de Entroido para nenos e nenas de 3 a 17 anos

O Concello convoca o XXI Concurso de Carteis de Entroido para nenos e nenas de 3 a 17 anos

Novas

20-01-2020
20 Jan

O Concello do Pino vén de convocar o XXI Concurso de Carteis de Entroido, no que se buscan as mellores ilustracións para anunciar estes festexos por todo o municipio. O certame vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 17 anos empadroados no Concello, repartidos en catro categorías segundo a idade. Se ben o premio principal será ver os traballos elixidos impresos no cartel anunciador do Entroido, os gañadores de cada categoría recibirán tamén un agasallo.

As categorías establecidas para este concurso son catro: de 3 a 5 anos, de 6 a 8, de 9 a 11 e de 12 a 17 anos. Tamén é posible participar de forma grupal, por aulas.

Canto ás características técnicas dos traballos, os debuxos deben ser en formato A4 e levar nalgún sitio a lenda “O Pino, Entroido 2020”. No reverso indicarán o nome do autor, idade e teléfono de contacto. Os premios serán entregados no transcurso da gala de Disfraces de Entroido que o Concello vai celebrar o domingo 23 de febreiro.

O prazo para poder participar no concurso será ata o venres 31 de xaneiro. Os traballos poden entregarse no CPI Camiño de Santiago, no centro sociocultural Luís Seoane e na Casa do Concello.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Comezaron as obras de mellora da saída da A-54 cara Cerceda e Touro nas que O Pino inviste 30.000 euros
Nova orde de axudas da Xunta para a concesión de prestacións por fillos menores de 3 anos e convocatoria da Tarxeta Benvida »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English