O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O centro sociocultural Luís Seoane acolle a mostra de postais históricas ‘Camiño ComPostal’

O centro sociocultural Luís Seoane acolle a mostra de postais históricas ‘Camiño ComPostal’

Novas

18-12-2019
18 Dec

O alcalde de O Pino, Manuel Taboada, inaugurou esta mañá a exposición Camiño ComPostal, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) coa colaboración da Xunta, dentro do programa O teu Xacobeo. A mostra xunta máis dun cento de postais históricas do Camiño de Santiago, todas elas con máis dun século de antigüidade. Camiño ComPostal pode visitarse no centro sociocultural Luís Seoane en Arca ata o día 28 de decembro.

A exposición percorre desde comezos de outono doce localidades situadas no Camiño Francés. Camiño ComPostal ofrece unha visión diferente sobre a Ruta, mostrando a través destas pequenas tarxetas como eran as vilas tanto de Francia coma do norte de España, e quen eran os personaxes que peregrinaban a Compostela naquela altura.

Á apertura da mostra asistiron o alcalde de O Pino, Manuel Taboada; o presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro; o comisario da mostra, o xornalista e reporteiro gráfico José Manuel Salgado; así coma membros da corporación municipal do Pino. Para Manuel Taboada, estas imaxes “reflicten moi ben os cambios que experimentaron as vilas polas que pasa o Camiño”. A exposición é “unha boa ocasión para recordar o que foi o Camiño, para lembrar o pasado, pero tamén para proxectar o Camiño cara o presente e o futuro”, dixo o alcalde.

Pola súa banda, o presidente de APECSA destacou “ a humilde contribución que quere facer a Asociación para atender a dispersión poboacional de Galicia con iniciativas coma esta”. Neste sentido, Palmeiro remarcou a “gran viveza do concello de O Pino, que sabe atender esta realidade territorial e humana”. En canto á exposición, Palmeiro afirmou que “as postais foron o selfie do século pasado”, na mesma liña na que se expresou o comisario, José Manuel Salgado: “Estas imaxes ofrécennos unha mirada nostálxica cara ao pasado, pero tamén nos dan información sobre como eran as cousas daquela. Son xornalismo e información, non só recordo”.

Máis fotografías da inauguración, no Facebook do Concello de O Pino.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aproba uns orzamentos de 4 millóns para 2020 e obras do Plan único da Deputación por 900.000 €
Papá Noel recibe os escolares mañá xoves nun salón instalado na Casa da Cultura »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English