O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Concesión provisional das subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio

Concesión provisional das subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio

Novas

07-11-2022
7 Nov

7 de novembro de 2022

Faise pública a concesión provisional de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico. Concédese un prazo de 5 días naturais para a presentación de alegacións. A resolución de alcaldía pode consultadarse no documento adxunto:

Icon

Concesión provisional de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico

1 file(s) 1.36 MB
Download

 

20 de setembro de 2022

Publícase hoxe día 20 de setembro o extracto das bases para subvención de asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico. O prazo de presentación transcorre nos 10 días hábiles posteriores a esta publicación. É dicir, desde mañá mércores 21 ata o martes 4 de outubro. O extracto das bases pode ser consultado no documento adxunto:

Icon

Extracto das bases da convocatoria de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio

1 file(s) 126.53 KB
Download

 

14 de setembro de 2022

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou na súa edición de onte, martes 13 de setembro, as bases da convocatoria de subvencións municipais destinadas a asociación e entidades sen ánimo de lucro do Concello do Pino para o presente exercicio 2022. A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico do Pino, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadores e catalizadoras da participación cidadá. O Concello do Pino destina  a estas axudas un total de 37.000 € de fondos propios.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP.

O procedemento de concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Antes da resolución definitiva, publicarase a lista provisional das subvencións concedidas e outorgarase un prazo de cinco días naturais para que as asociacións e entidades sen ánimo de lucro poidan presentar as alegacións que estimen necesarias.

O prazo para a xustificación da subvención será o 5 de decembro deste ano para todas aquelas entidades que resulten finalmente beneficiadas con algunha destas axudas.

A anuncio da convocatoria, así como as bases da mesma pódense consultar nos arquivos adxuntos. Tamén se achegan os anexos cos impresos necesarios para solicitar as axudas e para xustificar a subvención, unha vez concedida.

Icon

Anuncio no BOP da aprobación das bases da convocatoria de subvencións para asociacións veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico

1 file(s) 73.65 KB
Download
Icon

ANEXO I Solicitude

1 file(s) 28.53 KB
Download
Icon

ANEXO II. Memoria de actividades

1 file(s) 23.38 KB
Download
Icon

ANEXO III. Conta bancaria

1 file(s) 23.50 KB
Download
Icon

ANEXO IV. Declaración de obrigras tributarias

1 file(s) 26.37 KB
Download
Icon

ANEXO V. Declaración responsable

1 file(s) 23.01 KB
Download
Icon

ANEXO VI. Declaración de axudas

1 file(s) 29.20 KB
Download
Icon

ANEXO VII. Modelo de conta xustificativa de subvención

1 file(s) 33.89 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Novembro chega ao Pino con cursos de bolillos, costura, informática e… maxia!
O Pino abre a inscrición no Lecer Nadal, destinado ás nenas e ós nenos de 3 a 12 anos »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish