O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / O ascenso da SD O Pino, a mellora da rede viaria do municipio e empresas como Tartas La Abuela e a Queixería Ruta Xacobea protagonizan un novo número da revista ‘Faísca’

O ascenso da SD O Pino, a mellora da rede viaria do municipio e empresas como Tartas La Abuela e a Queixería Ruta Xacobea protagonizan un novo número da revista ‘Faísca’

Novas

07-01-2021
7 Jan

Este Nadal chegou aos fogares do Pino o último número da revista Faísca, na que se recolle toda a información da actividade municipal ao longo do presente ano.

Unha foto da área recreativa da Madalena ocupa a portada desde número 12 da revista, que se fai eco no seu interior do ascenso da SD O Pino a Rexional Preferente, dos investimentos por máis dun millón de euros en obras viarias realizadas nas parroquias, ou das iniciativas levadas a cabo ao longo de 2020 contra a violencia de xénero.

A actividade de empresas de referencia, como Tartas La Abuela ou a Queixería Tradicional Ruta Xacobea; o Servizo de Axuda no Fogar; ou as actividades culturais, con especial mención para o concerto que ofreceron no Luís Seoane as pianistas  residentes no municipio Marina Fernández e Ilona Timchenko, son outras das temáticas que salienta Faísca nesta última edición. Tamén se destacan as fermosas paraxes naturais coas que conta o municipio.

A revista pode consultarse en PDF premendo nesta ligazón.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os Reis Magos repartiron máis de medio milleiro de agasallos entre os nenos e nenas do Pino
O alcalde do Pino pide cambios nos horarios dos autobuses para non prexudicar aos estudantes »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish