O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente apoian aos gandeiros e pídenlle ao Goberno central que modifique a protección do lobo

News

03/12/2024
3 Dec

Xuntáronse hoxe cun grupo de gandeiros en Lardeiros, que pediron medidas urxentes  ||  

Antonio Vázquez amosoulles a última vaca que lle matou o lobo. “Van dez este ano, e oito delas nos últimos tres meses”, dixo  ||  

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, volveron reclamar este 3 de decembro en Lardeiros que o Goberno central retire a especial protección do lobo, que tanto dano está facendo aos gandeiros galegos.

Na visita que fixeron a explotación De Vázquez, en Lardeiros, Antonio Vázquez explicoulles que na noite do 2 ao 3 de decembro o lobo volveulle matar unha vaca. “Xa van dez este ano, e oito delas matounas nos últimos tres meses”, dixo. Outros veciños da contorna presentes na xuntanza relataron os ataques que están a sufrir as explotacións gandeiras da zona e pediron medidas urxentes para controlar as mandas de lobos e non ter que pechar explotacións.

Ángeles Vázquez volveulle pedir ao Goberno central que revise o nivel de protección do lobo, considerada especie estritamente protexida dende 2021, e que volva a considerala protexida, o que permitiría tomar medidas para evitar as continúas mortes de gando que está a provocar o lobo na comarca e en moitas zonas de Galicia. Os avisos por ataques do lobo pasaron de 1.204 no ano 2021 ata 2.074, segundo os datos provisionais deste ano, indicou, o que representa un “incremento dun 72% dos avisos”.

A conselleira resaltou que o Comité Permanente do Convenio de Berna do Consello de Europa aprobou hoxe mesmo mudar o estatutos internacional do lobo en Europa de estritamente protexido a protexido. Unha decisión, asegurou, que avala a postura da Xunta.

Agora é necesario que o Goberno de España “escoite as autoridades europeas e rectifique unha decisión” que está a dificultar a supervivencia de explotacións gandeiras en Galicia e na zona norte de España.

Os gandeiros pediron medidas urxentes para acabar con esta situación. “Se seguimos así, moitas explotacións teremos que pechar en seis meses”, dixo un dos presentes.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A maxia, a diversión e a solidariedade protagonizan o Nadal no Concello do Pino
O Concello do Pino celebrará o 10 de decembro un sorteo para adxudicar as prazas vacantes da Campaña da neve »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English