O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O alcalde do Pino insta a axilizar a chegada de fibra óptica aos 71 núcleos excluídos do actual plan de banda larga

News

26/03/2021
26 Mar
  • Amtega remitiulle unha listaxe de 63 lugares nos que rematará a instalación de banda larga este ano  ||  

  • Manuel Taboada reclamaralle agora a Xunta e Goberno central que inclúan ao resto de núcleos na próxima convocatoria  ||  

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, vaille pedir a Xunta, Goberno central e operadoras que axilicen a chegada da fibra óptica aos 71 núcleos de poboación que quedan excluídos do Plan de banda larga 2020 da Xunta e do Programa de extensión de banda larga de nova xeración da administración xeral do Estado, que se teñen que acabar de acometer ao longo deste ano 2021.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) contestou ao escrito que o rexedor lle enviou a pasada  mesma semana para saber cantos núcleos de poboación do Pino ían contar coa banda larga este ano.

Especifica o informe de Antega que os lugares de Amarelle e Bugalleira contan xa co servizo grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e relaciona outros 63 núcleos beneficiarios das subvencións contempladas no Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, dependente do Goberno central, que remata o 31 de decembro.

Sen embargo, quedan fóra destes plans un total de 71 núcleos do Pino, motivo polo que o alcalde esixirá agora que sexan incluídos sen falta na próxima convocatoria, de xeito que toda a veciñanza do municipio poida dispór dunha conexión a internet de altas prestacións o máis axiña posible.

Os núcleos excluídos dos programas actuais e para os que o Concello vai solicitar a conexión son os que se relacionan a continuación en cada unhas das parroquias do municipio:

  • Arca: O Burgo, Outeiro, Picón e Samil.
  • Budiño: Porta de Roxos, A Fontaíña, A Voutureira, As Cancelas, Carolliño, Fixó, O Couto, O Campo, O Cruceiro, Parañoa, Pazos de Arriba, Pazos de Abaixo, Regodauga e San Migueliño
  • Cebreiro: Casal e O Pazo
  • Castrofeito: Rial, Samil, Tixoliño e A Figueiroa.
  • Cerceda: O Vilar, Vilarmeao e San Miguel
  • Gonzar: A Igrexa, Cabanelas, O Carballiño, Os Castriños, Gonzar, O Lameiro, Rabal de Arriba e San Gregorio
  • Lardeiros: A Igrexa, Casacuberta, Domés, O Casal, Pereirameá, Piñeiro, Pulleira e Vilaseco
  • Medín: Cabaleiros, Cerdeira, Cimadevila, Setas, Sobrado e O Porto Outeiro.
  • Pereira: A Igrexa, O Ameneiral e O Castro.
  • O Pino: Vermás e O Vento
  • San Breixo: A Igrexa, A Torre, O Casal, Lengüelle e Outeiro
  • San Mamede: A Igrexa, Aquelavila, Calle, Frechazo Primeiro, Frechazo Último, Margaride, O Vilar, Rourís
  • Pastor: Barcia, A Pena, Ponte Carreira, Ombre, A Igrexa, Liñares, Gándara, Currás, Casanova e Fonteseca.
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Xa se pode solicitar praza na escola infantil A Galiña Azul do Pino para o curso 2020/2021
O Pino súmase a loita contra a avespa velutina repartindo mil trampas entre a veciñanza »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English