O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O alcalde do Pino e o conselleiro de Cultura abordan melloras en infraestruturas e accións de dinamización de cara ao Xacobeo 2027

News

22/05/2026
22 May

Manuel Taboada mantivo unha reunión con José López Campos para analizar posibles vías de colaboración no municipio || O encontro serviu tamén para tratar iniciativas vinculadas coa mocidade, coa promoción da lingua galega e coa conservación e posta en valor do patrimonio ||

Reunión do alcalde do Pino, Manuel Taboada, co conselleiro de Cultura, José López Campos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reúnese co alcalde do Pino, Manuel Taboada.

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, mantivo este xoves 21 de maio unha reunión co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, na que abordaron distintas cuestións relacionadas co desenvolvemento cultural e patrimonial do municipio, así como actuacións estratéxicas de cara ao Xacobeo 2027.

Durante o encontro, ambas administracións analizaron posibles vías de colaboración para a mellora das infraestruturas culturais do Concello, co obxectivo de que estean nas condicións axeitadas tanto para acoller a programación cultural de verán como para avanzar na preparación das actividades vinculadas ao próximo Ano Santo.

Neste sentido, púxose en valor a importancia do Pino dentro do Camiño Francés, xa que é o municipio galego con maior número de quilómetros atravesados por esta ruta xacobea, unha circunstancia que reforza o papel do concello na planificación do Xacobeo 2027.

A reunión serviu tamén para abordar posibles accións de dinamización cultural e lingüística, iniciativas de apoio á mocidade e cuestións relacionadas coa conservación e posta en valor do patrimonio cultural do municipio.

Ademais, o conselleiro informou ao alcalde sobre as modificacións introducidas na Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia a través da Lei de acompañamento dos Orzamentos. Segundo explicou a Xunta, estes cambios permitirán reducir os tempos de tramitación dos expedientes relacionados co patrimonio, facilitando así o desenvolvemento de proxectos por parte da cidadanía e das administracións.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Javier Posse recibe a homenaxe de 300 persoas no Pino despois da súa xubilación como párroco de Budiño, Cesar, Marantes, Nemenzo e Verdía
O Concello do Pino celebrará mañá a clausura das Escolas Deportivas Municipais cunha gala na que participarán preto de 150 nenos e nenas »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English