O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O alcalde de O Pino anima á veciñanza: “Todos xuntos venceremos ao coronavirus. Queda na casa”

News

26/03/2020
26 Mar

O alcalde de O Pino, Manuel Taboada Vigo, recoméndalle á veciñas e veciños quedar na casa e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para loitar contra o Covid-19. “Todos xuntos venceremos a este  coronavirus, que non vai poder con nós”, lles recorda o alcalde nunha mensaxe publicada na web municipal e difundida polas redes sociais do Concello.

Manuel Taboada pídelle á veciñanza que fagan caso e sigan as recomendacións das autoridades sanitaria para evitar a propagación da pandemia pola que se decretou o estado de alarma en toda España. “Son momentos duros e difíciles, pero temos que facer un esforzo. Quédate na casa”, dille o alcalde.

Na súa mensaxe, Taboada recorda que dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de O Pino están a contactar coas persoas máis vulnerables, persoas maiores, que poidan ter necesidades, para coñecer a súa situación. Esta semana O Pino comezou, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, a facer o reparto de alimentos ás familias con menos recursos, e a desinfectar aquelas zonas máis concorridas pola veciñanza, como o exterior do centro médico, farmacias, supermercados ou tendas, e tamén os contedores do lixo.

Taboada Vigo pídelle a “as persoas que poidan ter algún tipo de necesidade” que chamen aos Servizos Sociais, ao teléfono 981 51 10 02, para que “dende o Concello lle poidamos axudar, dentro das nosas posibilidades, levándolle medicinas ou alimentos, ou contactando con supermercados para que lles poidan achegar a súa casa”. E conclúe recordando o importante que é quedar na casa nestes intres.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria
Alcalde e concelleira de Cultura do Pino doarán o 30% do seu salario de abril a Servizos Sociais »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English