O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O alcalde asina as subvencións nominativas con cinco entidades do Pino por 31.500 euros

News

08/05/2024
8 May

A Banda de Música de Arca, a SD O Pino, a ANPA do CPI Camiño de Santiago e as comisións de festas do Corpus e da Madalena foron as beneficiadas  ||  

Os convenios formalizáronse no salón de plenos  ||  

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, asinou onte o convenio de colaboración con cinco entidades sociais do municipio ás que o Concello lles concede subvencións nominativas por un importe global de 31.500 euros. É a primeira sinatura das axudas que o Concello les concede ás asociacións e parroquias do municipio.

A Asociación Cultural Banda de Música de Arca recibe este ano do Concello unha achega de 13.000 euros para o desenvolvemento das súas actividades. O convenio foi asinado por Antía Cores Torres.

José Ignacio Moledo achegouse ata a casa consistorial para asinar co alcalde a subvención de 8.000 euros coa que o Concello colabora este ano coa Sociedade Deportiva O Pino. Pola súa banda, o presidente da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CPI Camiño de Santiago, Miguel Ángel Gómez Bascoy, rubricou o convenio polo que o colectivo recibirá 7.350 euros do Concello para a organización de diferentes actividades.

A Asociación Cultural Confraría do Corpus de Arca recibirá 1.575 euros para organizar as Festas de Corpus, que se celebrarán o vindeiro 1 de xuño. No acto a entidade estivo representada por Antonio Regueiro Suárez.

O último convenio foi asinado polo alcalde e Rubén López Miramontes, en representación da Asociación de Veciños Comisión de Festas e Actos Culturais de Castrofeito, que no mes de xullo organiza as festas da Madalena. A entidade recibirá 1.575 euros

A sinatura das subvencións nominativas coa Asociación de Festexos de San Pedro e outras entidades parroquial celebrarase proximamente. Os colectivos beneficiados teñen ata o mes de decembro para presentar a correspondente xustificación e gastos.

Con estes convenios o Concello quere colaborar coas diferentes entidades sociais e parroquias do municipio para a organización de actividades e mantemento do patrimonio.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde e a conselleira visitan a depuradora de Arca, que estará rematada antes do verán
O Concello de O Pino organiza tres xornadas de promoción deportiva »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English