O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O alcalde analiza coa conselleira a posibilidade de ofertar no Pino vivenda de protección oficial

News

17/01/2025
17 Xan

Manuel Taboada reuniuse en San Caetano con María Martínez Allegue ||

Na reunión abordáronse outros temas de interese para o municipio ||

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, solicitoulle á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, a construción de vivenda de protección oficial no concello do Pino para facilitar o acceso á vivenda a xente máis nova e as familias.

Nunha reunión de traballo celebrada este 14 de xaneiro na sede da consellería, en Santiago, ambos dirixentes abordaron posibles actuacións en materia de urbanismo no municipio.

Manuel Taboada trasladoulle á consellería a necesidade de ofertar vivenda pública de protección en Arca como medida para facilitar o asentamento de poboación no Pino e facilitar o acceso á vivenda a xente moza.

Martínez Allegue comprometeuse a analizar esta petición e ver a posibilidade de levar a cabo esta iniciativa nun futuro próximo.

Na reunión tamén se abordou o proceso de modificación do PXOM nos núcleos rurais do Pino para facilitarlle á xente nova poder construír casas unifamiliares a carón das súas familias. Esta medida, na que o Concello leva traballando xa varios meses, permitirá fixar poboación no municipio respectando os usos e costumes do rural.

A humanización dalgunhas zonas en Arca e outros temas urbanístico de interese para o concello tamén foron abordados nesta reunión.

A conselleira e o rexedor coincidiron na importancia da colaboración entre as administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade do municipio.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino busca persoas voluntarias para un proxecto de verán vinculado ao Camiño de Santiago
O Pino reserva este ano máis de 96.000 € para axudas e subvencións a asociacións e entidades locais, comisións de festas e parroquias »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English