O Concello do Pino aprobou este ano un novo regulamento para o utilización dos pavillóns municipais, coa fin de facer un uso máis eficiente dos mesmos e facilitar a convivencia entre todas a persoas usuarias.
Os pavillóns abren de luns a domingo de 9.00 a 23.00 horas. Este horario, que pode variar nos períodos de vacacións, tamén pode sufrir modificación por causa do mantemento das instalación, da realización de eventos deportivos ou doutras circunstancias especiais.
A persoa usuaria que formaliza a reserva deberá identificarse e responsabilizarse do correcto uso do pavillón. No caso de particulares, as reservas deberán facerse con polo menos unha semana de antelación a través das seguintes ligazóns:
Nas fins de semana, só se farán reservas se hai dispoñibilidade unha vez atendidas as demandas das escolas deportivas municipais e dos clubs. O tempo máximo de utilización das pistas será de dúas horas nas fins de semana e de catro horas de luns a venres.
Os clubs, pola súa parte, presentarán unha solicitude formal por rexistro. As solicitudes faranse entre o 1 e o 31 de xullo no caso de querer utilizar a instalación durante toda a temporada e do 1 ao 15 de xuño se quere utilizarse no verán, de xullo a setembro.
As normas de uso e de reserva poden consultarse no arquivo que acompaña esta nova.