O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Moitos disfraces na II San Silvestres do Pino, que gañaron Iago Mateos e Ainhoa Reboiras

News

28/12/2025
28 Dec

Na proba participaron máis de 150 atletas de todas as idades  ||   

Os premios aos mellores disfraces de grupo foron para ‘Ferrero Rocher’ e ‘Papá Noel cos seus renos’, na categoría de maiores; e para as ‘Uvas de fin de ano’ na infantil  ||   

‘Mamá Noel’ e o ‘Pitufo voador’ gañaron os premios na categoría individual  ||   

Papá Noel e os s eus renos, segundo premio ao mellor disfraz de grupo adulto

 

Moitos disfraces e un grande ambiente na segunda edición da San Silvestres do Pino, que gañaron Iago Mateos Calviño e Ainhoa Rebores Bustelo na categoría absoluta. Máis de 150 atletas participaron nas diferentes categorías desta proba organizada este sábado, 27 de decembro, polo Concello en colaboración co Club Atletismo O Pino.

Ferrero Rocher, premio ao mellor disfraz de grupo adulto

 

O público gozou vendo os disfraces de moitas das persoas participantes de todas as idades. Un grupo de dez atletas do C.A. Tambre achegáronse caracterizados dos bombóns Ferrero Rocher,  que lles serviu para gañar o primeiro premio. Despois dunha difícil deliberación o xurado decidiu concederlle o segundo galardón nesta categoría ao Papá Noel que percorreu os catro quilómetros da proba absoluta acompañado por sete renos.

As Uvas de fin de ano, mellor disfraz infantil de grupo

 

O mellor grupo na categoría infantil foi para as Uvas de fin de ano, mentres que no ocncurso individual o Pitufo voador gañou na categoría de maiores e a súa filla, disfrazada de Mamá Noel, levou o primeiro premio na infantil.

Ademais do aplauso do público, cada unha das persoas gañadoras no concurso de disfraces recibiron como agasallo un vale cun 20% de desconto para unha comida no restaurante Sabugueira Madalena, de Castrofeito.

Despois de disputarse as probas das categorías escolares, na que todos os participantes levaron unha medalla como recordo, celebrouse aproba absoluta, cun percorrido de catro quilómetros. Iago Mateos Calviñ foi o primeiro en cruzar a liña de meta, seguido de Mauro Fuentes e Matías Cao Blanco. Entre as mulleres, as máis rápidas foron Ainhoa Reboiras Bustelo, Noa López Novo e Margarita González García, as tres do Atletismo Obradoiro.

Ao rematar, todas as persoas participantes degustaron un chocolate con churros.

Entregaron os premios o alcalde, Manuel Taboada; e os integrantes do equipo de goberno Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes.

Gañadores masculino e feminino na categoría absoluta

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Festa de Nadal xunta no Pino a máis de 200 persoas na Casa da Cultura
O Festival Sons de Reis pechará a visita dos Reis Magos ao Concello do Pino este luns, 5 de xaneiro »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English