O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Manuel Taboada participa no foro ‘La España Despoblada’ organizado en O Pino pola Ser

News

27/06/2024
27 Xuñ

O rexedor exerceu de anfitrión e debateu na mesa redonda de alcaldes xunto a Blas García, de Ames; Carlos Martínez, de Vedra; e Begoña Balado, concelleira de Arzúa ||

O centro sociocultural Luis Seoane acolleu este espazo no que representantes de varias institucións debateron sobre os desafíos das administracións para garantir o futuro do medio rural||

O Concello de O Pino foi o anfitrión este xoves, 27 de xuño, do foro “La España Despoblada” organizado pola Cadena SER. Este evento reuniu no Centro Sociocultural Luis Seoane a expertos e representantes de diversas institucións para debater e reflexionar sobre os desafíos que enfrontan as administracións para garantir o futuro do medio rural.

A xornada incluía unha mesa redonda de alcaldes na que, xunto ao alcalde de O Pino, Manuel Taboada, participaron Blas García, alcalde de Ames; Carlos Martínez, alcalde de Vedra; e Begoña Balado, concelleira de Arzúa. Neste espazo, compartíronse experiencias e estratexias para afrontar os desafíos do medio rural e, sobre todo, insistiuse na necesidade de delimitar as competencias dos Concellos e da urxente necesidade de dotalos económicas para poder prestar os servizos que lles derivan dende o Goberno central e autonómico. “É un problema serio. Igual eu xa non pido máis cartos, senón que cada un se faga cargo das súas competencias. A xestión debe vir aparellada dunha partida económica. Estase lexislando á marxe dos Concellos”, afirmou o rexedor de O Pino. Aspectos como o coste das novas tecnoloxías para atraer aos teletraballadores, das medidas de conciliación ou do mantemento do SAF, por exemplo, foron tratados esta mañá no foro.

Na súa intervención, Manuel Taboada destacou ademais a forte influencia do Camiño de Santiago na economía do seu municipio “e na de todos os concellos polos que pasa” co dato de que son xa “máis de 150.000 os camiñantes que pasaron xa este ano por O Pino”. “Iso nos leva a ter que prestar tamén servizos de abastecemento e saneamento, por exemplo, a maiores do que temos que prestar á nosa veciñanza”. O alcalde fixo un chamamento así mesmo ás autoridades para alcanzar un pacto estatal en favor dos municipios rurais para combater o despoboamento.

O foro contou tamén coa participación da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; do secretario xeral para o Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Francesc Boia; do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autonómico e Economía Social, Pablo Fernández; e cunha serie de mesas redondas onde se abordaron temas como os proxectos industriais en contornas sostibles e outras formas de vivir no rural.

Unha vez concluído o foro, Manuel Taboada, xunto a Blas García e a Carlos Martínez, participou tamén no programa “Hoy por Hoy Santiago” que se emitiu en directo dende a biblioteca municipal de O Pino.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre o sábado 29 de xuño a piscina municipal de Lameiro con abonos e cursos de natación
O Pino recibe aos participantes do Reto Camiño de Santiago da asociación AVOI »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English