O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Manuel Taboada inaugura a exposición que repasa no Pino 2.500 anos de historia da minería en Galicia

News

11/11/2025
11 Nov

A mostra ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’ conmemora o centenario da Cámara Oficial Mineira de Galicia  ||  

Consta de oito paneis informativos e pode verse na praza do Concello ata o 25 de novembro  ||  

O alcalde do Pino estivo acompañado pola director da COMG, Arantxa Prado, e pola responsable da oficina técnica, Irene Pérez  ||  

 

Manuel Taboada, no centro, con Arantxa Prado e Irene Pérez a súa esquerda, e o resto de asistentes á inauguracion

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, inaugurou esta mañá na praza do Concello a exposición itinerante Tesouros de Galicia: a minería galega a través do tempo, unha mostra promovida pola Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) para conmemorar o seu centenario e que repasa 2.500 anos de historia mineira na nosa comunidade autónoma.

A mostra consta de 8 paneis informativos e pode visitarse ata o 25 de novembro na praza do Concello, en Arca. Chega ao Pino despois de pasar por cidades como Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e estar nas últimas semanas en Lestedo (Boqueixón) ou no municipio ourensán de Parada do Sil.

A inauguración estivo presidida polo alcalde, Manuel Taboada, acompañado pola directora de COMG, Arantxa Prado; a responsable da oficina técnica, Irene Pérez;  e membros da Cámara Mineira de Galicia. Tamén asistiron representantes das empresas Cobre San Rafael, Explotaciones Gallegas, TEN (Tratamientos Ecológicos del Noroeste) e Renanso.

Durante a súa intervención, a directora da COMG puxo en valor a relevancia histórica e xeolóxica do Pino, estreitamente ligada á actividade mineira: “O Pino é un dos lugares máis representativos do vínculo entre a terra e aminería en Galicia. É unha testemuña xeolóxica de millóns de anos e o punto de partida dunha actividade que forma parte da nosa identidade colectiva”.

O alcalde Manuel Taboada, agradeceulle á COMG que “elixise o noso concello para esta exposición itinerante, que nos axuda a coñecer un pouco máis a historia de Galicia e tamén a historia do Pino, pois no pasado  tivemos explotacións mineiras”, asegurou.

A actividade mineira: testemuña da evolución de Galicia

A exposición Tesouros da terra reflicte a historia da minería en Galicia desde os antigos fenicios, pasando pola época romana, ata a actualidade, trasladando o seu importante papel na transformación da economía e a cultura da rexión.A través de oito tótems divulgativos, a mostra explora as distintas etapas da actividade mineira na comunidade, que comezou coa minería aurífera nos séculos I e II, cando Galicia, antes Gallaecia, recibiu o seu nome por mor das súas abundantes minas de ouro.

A mostra tamén destaca a relevancia dos diferentes subsectores da minería, como rochas ornamentais, augas mineromedicinais, áridos ou minerais industriais.

Por último, a exposición repasa os principais fitos da Cámara Oficial Mineira de Galicia desde a súa fundación, ensetembro de 1925, coa misión de unir as voces de quen traballaba no subsolo galego, ata a actualidade.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aproba as tarifas do abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento
II Concurso de Decoración de Nadal do Concello do Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English