O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Manuel Taboada acompaña a veciña Dolores Ferro na celebración do seu centenario no Pino

News

06/04/2026
6 Apr
100 aniversario de Dolores Ferro

Pola esquerda: Gerardo Pintor, Consuelo, Dolores Ferro Seijo, o seu fillo Manuel e o alcalde, Manuel Taboada Vigo

A veciña do lugar de Veirán, na parroquia de Gonzar, Dolores Ferro Seijo, celebrou o pasado 4 de abril o seu 100 aniversario arroupada polo cariño da súa familia e das persoas máis próximas.

A centenaria compartiu este día tan especial co seu fillo Manuel, coa súa nora Consuelo e coa súa neta Lola, cos que convive na actualidade, así como con amigos, veciños da parroquia e coa súa irmá, desprazada desde Bilbao para a ocasión. A familia organizoulle unha festa sorpresa que fixo desta xornada unha celebración moi emotiva.

Ata o lugar desprazouse tamén o alcalde do Pino, Manuel Taboada, acompañado do concelleiro Gerardo Pintor, quen quixeron sumarse á homenaxe facendo entrega dun ramo de flores en nome de toda a veciñanza.

Desde o Concello do Pino trasladan a Dolores Ferro os seus parabéns por acadar esta destacada efeméride, ao tempo que poñen en valor o papel das persoas maiores como depositarias da memoria, da experiencia e da identidade colectiva do municipio.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Deputación financia con 9.650 euros os gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura en 2026
O programa Vai de Auga regresa ao Pino cunha nova edición de benestar nas Termas de Cuntis »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English