O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Manuel Ángel Penas e Paula Mayobre gañan as probas absolutas da XVI Carreira Popular de O Pino

News

11/05/2019
11 Mai

Manuel Ángel Penas Blanco e Paula Mayobre González foron esta tarde dous dos protagonistas da XVI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino, que bateu o seu récord de asistencia con 610 corredores de todas as idades. Os dous primeiros foron os gañadores da categoría absoluta; Emma Tarrio a atleta máis nova, con só 11 meses; e Xosé Manuel Carballeira o máis veterano, con 74 anos.

As probas das categorías de adultos foron as que inauguraron a xornada co seu percorrido de 8.000 m aproximadamente. Os competidores sub 16 e sub 18 tomaron o relevo 50 minutos despois, cando emprenderon a súa volta de 2.800 metros polos arredores da Praza de Forcarei. Seguidos das competicións sub 14, sub 12, sub 10 e sub 8. A xornada pechárona os máis cativos (sub 6), coa súa “voltiña” de 340 metros.

A categoría absoluta foi a máis numerosa, ao contar con 256 participantes, e moi concorrida estivo tamén a categoría de Pitufos, na que 48 nenas e nenos menores de 6 anos percorreron unha distancia de 300 metros, espertando admiración, sorrisos e moitos aplausos entre o público asistente.

Na categoría absoluta, os tres primeiros postos masculinos foron para Manuel Ángel Penas Blanco, Jorge Puig e Amador Pena Torreira. En mulleres impúxose Paula Mayobre González, seguida de Sandra Mosquera Losada e Tina Fernández Barreiros. Alberto Carou Carril e Rocío Alvite Ferreiro gañaron as devanditas probas Master 1.

O sol acompañou ao gran ambiente que se viviu durante toda a tarde nas inmediacións da Praza de Forcarei, lugar de saída e meta das probas e que percorrían parte do Camiño de Santiago.

Na entrega de premios, celebrada nunha abarrotada Praza de Forcarei, houbo trofeos para os tres primeiros de cada categoría, así como para os atletas locais e os clubs federados. Anova, patrocinador oficial, agasallou aos gañadores absolutos cunha motoserra.

A continuación podes atopar a lista completa de clasificacións e premiados.

Icon

Lista de premiados da XVI Carreira Pedestre de O Pino

1 file(s) 143.73 KB
Download
Icon

Bases para a contratación dun/dunha Técnico/a de turismo

1 file(s) 179.05 KB
Download
Icon

Resultados proba Absoluta XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 324.00 KB
Download
Icon

Resultados probas Sub 18 e Sub 16 XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 76.72 KB
Download
Icon

Resultados proba sub 12 XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 94.37 KB
Download
Icon

Resultados proba Sub 14 XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 80.29 KB
Download
Icon

Resultados proba sub 10 XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 90.63 KB
Download
Icon

Resultados proba sub 6 XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 90.17 KB
Download
Icon

Resultados proba sub 8 XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 90.40 KB
Download
Icon

Clasificación masculina por equipos XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 428.19 KB
Download
Icon

Clasificación femenina por equipos XVI Carreira Pedestre Popular de O Pino

1 file(s) 419.34 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello de O Pino comeza o ciclo de charlas dirixidas ás familias “Mimos de Mamá”
Festa de clausura das escolas deportivas municipais e actividades culturais o 8 de xuño aberta a toda a veciñanza »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English