O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Cultura / ‘Manolo e Maruxa’ levan o premio ao disfrace máis orixinal no concurso de Entroido do Pino

‘Manolo e Maruxa’ levan o premio ao disfrace máis orixinal no concurso de Entroido do Pino

Cultura· Novas

20-02-2023
20 Feb
  • ‘Sesión O Pino volume 23’, escenificando a separación de Shakira e Piqué, e ‘El mundo animal’ gañan en carroza e grupo ||
  • ‘Xeneral do Ulla’ e ‘Chica romana’ foron os mellores disfraces individuais infantís, e ‘O espírito do bosque’ entre os adultos ||
  • ‘Maceta e regadeira’ imponse na categoría de parella ||
  • A Orquestra Compostela animou unha tarde moi concorrida na praza do Concello ||

Manolo e Maruxa, premio ao disfraz máis orixinal

A ex parella de moda non faltou no concurso de Entroido do Pino, e a separación de Shakira e Piqué permitiulle a Sesión O Pino volume 23 gañar o primeiro premio na categoría de Carroza despois de chegar á praza do concello sobre un mini-twingo e amosar a súa particular escenificación do tema da colombiana e Bizarrap. O premio ao disfrace máis orixinal foi para Manolo e Maruxa, unha parella de amigos que semellaba moitos máis anos dos que tiñan estes dous nenos.

El mundo animal, gañadores en categoría Grupo

Na categoría individual, que foi na que houbo máis participantes, acabaron gañando Xeneral do Ulla e Chica romana, mentres que primeiro da categoría individual foi para O espírito do Bosque. Cunha Maceta e regadeira feita con material de refugallo (cartón, alambre e botellas) dous irmás gañaron na categoría de parella. El mundo animal levouse o premio na categoría de grupo.

Sesión O Pino Volume 3, gañadores na categoría Carroza

O Concello de O Pino repartiu en premios preto de 1.500 euros, xa que na categoría de comparsa non houbo participantes este ano.

A Orquestra Compostela animou unha tarde moi concorrida na praza do Concello, na que o alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago ofrecían produtos típicos do Entroido, ademais de chocolate para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Con este motivo sortearon unha cesta que gañou Sonia Tarrío.

Maceta e regadeira, gañadores en categoría Parella

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 278.000 € do POS+ a melloras viarias en Gonzar e 284.000 a gasto corrente
O alcalde de O Pino reivindica a necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English