O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Manoele de Felisa levou onte ata O Pino o seu ‘Cancioneiro do Camiño’

News

05/12/2021
5 Dec

Manoele de Felisa levou onte ata O Pino o seu último traballo, no que recolle poemas relacionados coa Ruta Xacobea. No seu particular Cancioneiro do Camiño  figuran “18 cantigas, 18 historias que convén ser cantadas e contadas”, como el mesmo dixo na presentación do concerto. Trátase de poemas dos textos de dezaoito escritores cos que o cantautor nado en Cuntis narra as historias tradicionais que aparecen neste disco e que onte interpretou con maestría.

Ata o auditorio municipal achegáronse veciños e veciñas do Pino, pero tamén mozos e mozas de Logroño, Ourense ou da illa da Palma que participan na expedición El Camino de los Valores  en apoio aos habitantes da illa canaria na que o volcán Cumbre Vieja está facendo estragos.

O concerto puido celebrarse onte, despois de varios aprazamentos no último ano debido á pandemia da covid-19. Para presentar o segundo tema desta concerto, o Alalá de Fisterra, Manoele de Felisa dixo que o Cancioneiro do Camiño  conta a historia do Camiño de Santiago con música. “E a primeira historia que lle aconteceu ao Apóstolo Santiago a súa chegada a Galicia hai moitos séculos, cando pasaba por unha baixada de moral, foi cando se lle apareceu a Virxe María en Muxía”, onde hoxe se atopa a igrexa da Virxe da Barca.

E así, canción a canción, Manoele de Felisa foi cantando onte poemas de diversos escritores galegos como Fina Casalderrei, Xosé Luna, Armando Requeixo, Rosalía Morlán ou Henrique Neira, entre outros.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino terá un presuposto de 4 millóns e aproba un plan adicional de obras doutros 3 millóns
A cativada gozou en Arca coa Festa de Nadal e quedou engaiolada co Apalpador e a nena sen medo »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English