O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público

Cultura· News

23/02/2026
23 Feb

‘O Imserso de 4º da ESO’ do CPI Camiño de Santiago gaña o primeiro premio na categoría de comparsas ||

‘O tren turístico de Bama’ e ‘A maxia das cerdeiriñas’ levan o premio nas categorías e carroza e orixinalidade ||

A Charanga NBA abriu o desfile dunha festa que rematou coa actuación da orquestra Trébol ||

O tren turístico de Bama. Gañadora en categoría Carroza

O primeiro desfile de Entroido organizado polo Concello do Pino foi todo un éxito. Máis de 200 persoas participaron no XXVI Concurso de disfraces e percorreron as rúas do pobo nun desfile que foi seguido por numeroso público e celebrado este domingo de Piñata tras ser aprazado a semana anterior polo mal tempo.

A Charanga NBA abriu a comitiva entroideira, que saíu das inmediacións do colexio e, pola rúa do Concello, se achegou ata a casa consistorial, aplaudido por numeroso público que aplaudiu a orixinalidade dalgúns dos disfraces.

Imserso de 4º da ESO, gañadora na categoría de copmparsa

Un grelo namorado co seu ramo de rosa, a deusa da noite, as dúas Marías, a cesteira, o cigardelo, os policías, o rato Pérez co seu dente, a música andante, os vikingos do Tambre ou As craiolas que molan, ou a Arca de Boqueixón foron algúns dos disfraces que percorreron as rúas dos Pino. Pechaba o percorrido a comparsa A maxia de Cerdeiriñas, da Asociación Culutural Garatuzas, de Piloño, na que participaban máis de 40 persoas chegadas dende Vila de Cruces

Tras rematar o desfile, as máis de 200 persoas participantes no desfile fixeron unha pequena actuación na praza de Forcarei para que o xurado puidese facer a correspondente avaliación para establecer os premios.

A deusa das ás da noite. Gañadora categoría infantil

Os gañadores nas diferentes categorías no Concurso de disfraces do Pino foron:

Infantil: A deusa das ás da noite e O grelo namorado.

Individual: A cesteira.

Parella: Ó fin nos independizamos.

Grupo: As pitas de Vilachá, toda unha vida confinada.

Carroza: O tren turístico de Bama.

Comparsa: Inserso de cuarto da ESO

Máis orixinal: A maxia de Cerdeiriñas.

A festa rematou co concerto da orquestra Trebol.

O Grelo namorado, 2º en categoría infantil

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino convoca as axudas para as asociacións culturais e deportivas do ano 2026
A nova ponte de Domés mellora a comunicación entre Lardeiros e Gonzar e contou cunha achega da Xunta de máis de 120.000 euros »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English