O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Lolo Penas e Tina Fernández, entre os 200 inscritos na media maratón O Gran Camiño

Lolo Penas e Tina Fernández, entre os 200 inscritos na media maratón O Gran Camiño

Novas

01-07-2019
1 Jul

Os organizadores da media maratón O Gran Camiño pretendían superar os 200 participantes na terceira edición da carreira e están a un chanzo de conseguilo. Actualmente, a cifra supera os 190 apuntados e aínda restan días, ata o 5 de xullo ás 14.00 horas, para que se pechen definitivamente as inscricións. Para facelo, tan só hai que encher o formulario cos datos e pagar os 18 euros de taxas na web de emesports.

Entre os atletas inscritos atópanse algúns coñecidos como Lolo Penas Blanco, terceiro clasificado na xeral de 2018, ou Tina Fernández, que obtivo a prata o ano pasado na categoría feminina. Xunto a eles, calzarán as zapatillas novos atletas para gozar dunha ruta que percorre unha das etapas do Camiño Francés e coma Lolo e Tina tamén repetirán moitos outros dos encantos deste treito.

O terceiro medio maratón O Gran Camiño, que se realiza entre os concellos de Arzúa e O Pino celébrase, nesta ocasión, en xornada de tarde, con saída o sábado 6 de xullo ás 19.00 horas dende a Cima do Lugar en Arzúa e coa meta sita na praza de Forcarei (Pedrouzo) en O Pino. O ano pasado o evento deportivo contou con 185 participantes que se lanzaron ao camiño para percorrer os 21.097,50 metros de carreira, unha cifra que xa se superou na terceira edición do Gran Camiño.

Os concellos de O Pino e Arzúa, organizadores do evento xunto Federación Galega de Atletismo ultiman os detalles da proba que conta con todos os detalles dunha gran competición. Servizo de transportes, duchas, catro puntos de avituallamento durante o percorrido… son algunhas das comodidades coas que contarán os corredores para superar unha carreira de dificultade media, pois transcorre maioritariamente por zonas de terra dura e a segunda metade da proba é menos esixente, xa que a saída está a maior altitude que a meta.

Máis información e inscrición en www.emesports.es e www.carreirasgalegas.com

Tweet
Share97
Share
Pin
97 Shares
« A piscina municipal abre as súas portas coa chegada do verán
O pallaso Lolo co teatro ‘Globotolo’, a escena mañá xoves ás 20.00 horas na piscina municipal »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish