II Concurso de decoración de Nadal 2025
Bases, formulario de inscrición e datos fiscais para participar no II Concurso de Decoración de Nadal 2025.
As inscricións deberán ir debidamente cumprimentadas e deberán incluír como mínimo tres fotos coa decoración realizada para ser avaliadas polo correspondente xurado.
Unha vez cumprimentada a ficha de inscrición, deberá entregarse no rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello do Pino. Consulta a forma de presentación nas bases.
Prazo de inscrición: do 5 ao 19 de decembro de 2025
O formulario de inscrición e de datos fiscais pódense consultar e descargar dende os enlaces adxuntos.

