O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Gran éxito da Masterclass de Zumba Solidaria no Pino en apoio á ACEM

News

24/02/2025
24 Feb

A recadación da actividade doarase integramente para apoiar programas de atención e apoio ás persoas afectadas por Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurolóxicas ||

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu persoalmente a implicación de todas as persoas asistentes ||

O Polideportivo Municipal de Lameiro acolleu este sábado 22 de febreiro unha Masterclass de Zumba Solidaria que reuniu a veciños e veciñas do Pino e da comarca nun evento marcado pola música, o exercicio e a solidariedade. A actividade tiña como obxectivo recadar fondos para a ACEM – Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurolóxicas.

Durante a sesión, os participantes desfrutaron dunha clase impartida por monitores especializados, convertendo a tarde nunha auténtica festa deportiva. O evento, enmarcado dentro das celebracións do Entroido, contou tamén cun toque festivo, xa que algúns dos asistentes acudiron disfrazados, engadindo cor e diversión á xornada.

Grazas á elevada participación, conseguiuse unha importante recadación a través das entradas solidarias, cun custo de 5 euros por persoa, que será destinada integramente á ACEM para apoiar os seus programas de atención e apoio ás persoas afectadas por estas enfermidades.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu persoalmente a implicación de todas as persoas asistentes, así como a colaboración da ACEM e dos monitores que fixeron posible esta actividade. Cando acabou a actividade, o grupo puido degustar unhas saborosas filloas con roxóns que o concelleiro José Fuentes axudou tamén a elaborar.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas para asociacións culturais e deportivas
As comisións de festas xa poden solicitar as axudas do Concello para facer as festas patronais »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English