
Nenas e nenas gozando nos inchables no polideportivo de Reboredo en Janeiro de 2018
O Concello de O Pino continúa coa programación do Nadal Benéfico con moitas actividades para público de todas as idades cunha divertida tarde de Nadal o vindeiro 22 de decembro.
A partir das 16.30 horas, no polideportivo municipal de Reboredo, organizaranse xogos e actividades para os máis pequerrechos, como xogos con paracaídas, carreiras, batalla de globos ou un obradoiro de maquillaxe.
Ás sete da tarde, os participantes poderán degustar, na casa de cultura, unha excelente chocolatada. Para pechar esta tarde tan especial, está preparado unha actividade sorpresa.
Para participar nestas actividades, que son gratuítas, é necesario apuntarse antes do mércores, 19 de decembro. Podes inscribirte cubrindo o formulario que atoparás ao final desta nova ou que atoparás neste enlace, na sección de formularios.
O último sábado do ano, 29 de decembro, a Banda de Música de Arca ofrecerá o xa tradicional concerto de Nadal, e o 5 de xaneiro celebrarase a Cabalgata de Reis, na que os magos de Oriente percorrerán todas as parroquias do Concello antes de falar cos máis pequenos no polideportivo de Reboredo.
Nadal Benéfico
E todos aquelas persoas que durante estas datas se acheguen ata a casa de cultura poden participar tamén na quinta edición do Nadal Benéfico que, coma todos os anos, organiza o Concello para recoller produtos de primeira necesidade que, durante o resto do ano, se reparten entre as familias con menos recursos. No centro sociocultural Luis Seoane poderán depositarse alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza ou de hixiene persoal. O Concello manterá a recollida ata o sábado 1 de febreiro de 2019, polo que todas as persoas que queiran colaboran teñen mes e medio para facelo. A partir de febreiro, e durante o resto do ano, estes produtos iranse distribuíndo entre as familias do municipio con menos recursos.