O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Despedida de Chelo Grille e Delfín Mosteiro, que traballaron máis de 30 anos no Concello do Pino

News

14/03/2025
14 Mar

O alcalde presidiu o xantar no que concelleiros do PP e do BNG, compañeiros e excompañeiros celebraron a xubilación dos dous funcionarios  ||  

Manuel Taboada entregoulles unha placa conmemorativa na que o Concello lles agradece o “traballo, o compromiso e a dedicación” ao servizo público  ||  

Sentados, ao lado do alcalde, Chelo Grille e Delfín Mosteiro)

 

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, membros da Corporación e traballadores municipais organizaron un xantar para celebrar a xubilación de Consuelo (Chelo) Grille e Delfín Mosteiro, dúas persoas que dedicaron máis de trinta anos da súa vida ao servizo público.

Delfín Mosteiro comezou a traballar como conserxe no Concello do Pino no ano 1986, asumindo diferentes responsabilidades ata que a principios de 2024 se xubilou como auxiliar administrativo. Dende entón dedica o tempo libre á familia, ás amizades e a pasear.

Chelo Grille chegou ao Concello de O Pino en 1992, despois de traballar en Mazaricos. Foi a responsable de levar a contabilidade no Pino, entre outras funcións, ata que se xubilou a finais do mes de febreiro. Nestes 33 anos sempre estivo manexando programas informáticos. Agora poderá dedicar máis tempo a estar coa familiar, “pasear, coidar o xardín e ler”.

Consuelo Grille e Delfín Mosteiro levan dende 1992 e 1986, respectivamente ,traballando no Concello do Pino

No xantar, celebrado recentemente no restaurante Regueiro de Arca, Chelo e Delfín compartiron moitas anécdotas coas 25 persoas coas que degustaron un bo cocido. Entre os asistentes, ademais do alcalde Manuel Taboada, estaban todos os concelleiros e concelleiras do equipo de goberno popular (José Manuel Carreira, Gerardo Pintor, Eva Varela, Mercedes Vázquez, José Fuentes e Borja Castro) e do BNG (Luis Vidal e Consuelo Abel); a secretaria municipal, Ángela Viqueira; a exsecretaria do Concello, Ana Otero; así como funcionarios e traballadores municipais, ademais doutras persoas que compartiron traballo cos homenaxeados como José Manuel Roibás, Alejandro Taboada, Juan Martínez e Iván Sanmartín.

Xa na sobremesa, o alcalde entregoulles unha placa na que o Concello do Pino, a súa Corporación e os seus funcionarios agradecen tanto a Chelo como a Delfin “o seu traballo, compromiso e dedicación en todos estes anos”. Na inscrición tamén se fai constancia a que o traballo dos dous “deixou unha pegada indeleble tanto na institución como nos compañeiros e nas compañeiras” que tiveron a sorte de traballar ao seu carón.

Ademais da placa institucional, os asistentes regaláronlles un peregrino de Sargadelos, como alusión ao Camiño de Santiago. A Chelo Grille tamén lle deron un e-book e un vale de libros electrónicos (ler é unha das súas paixóns) e a Delfín Mosteiro agasallárono cun reloxo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino lanza unha enquisa para deseñar un programa de actividades deportivas máis amplo e adaptado á veciñanza
A Xunta financiou melloras na biblioteca municipal do Pino con máis de 20.000 euros »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English