O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Declaración institucional do Concello de O Pino polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Declaración institucional do Concello de O Pino polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Novas

24-11-2020
24 Nov

O Concello de O Pino fai pública unha declaración institucional con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que reproducimos a continuación:

A violencia contra a muller maniféstase como o símbolo máis tanxible da desigualdade existente nos nosos días, atenta contra os  dereitos elementais das persoas e constitúe unha violación dos dereitos humanos, impedindo  que a nosa sociedade continúe avanzando polo sendeiro da democracia. Polo tanto, é  preciso  camiñar cara unha sociedade que respecte os dereitos de mulleres e homes, que os trate por igual con independencia do xénero e que non entenda nin admita discriminación algunha; en definitiva, unha sociedade de persoas libres.

Ninguén pode, polo tanto, manterse á marxe da loita contra a violencia machista. Falamos de accións que non só descualifican a quen as realiza senon tamén a quen as tolera e, por iso, a nosa resposta ante elas ten que ser global e contundente:  debemos impedir os intentos de xustificar, minimizar, banalizar ou ocultar a violencia de xénero, ademais de denunciar calquera tipo de maltrato cara a muller e visibilizar uns agresores que non nos representan na construcción da sociedade que queremos, asentada sobre os principios de liberdade, de xustiza e  de equidade.

O Concello de O Pino, como institución que representa o conxunto da cidadanía,  comprométese a seguir traballando na posta en marcha de iniciativas dirixidas a sensibilizar sobre a realidade da violencia exercida contra as mulleres e os menores, a previr as situacións da vida local que poidan propicialas, así como a intervir sobre as súas manifestacións, convidando á poboación a que tome conciencia da magnitude deste problema e as consecuencias que ten para mulleres, fillos, fillas, familias e sociedade no seu conxunto.

En definitiva, o concello de O Pino recoñece a igualdade como un valor imprescindible para o progreso e avance de toda sociedade, xa que ofrece a posibilidade de que cada persoa posúa os mesmos dereitos e oportunidades, e poida aportar o seu valor ao conxunto dende a liberdade e a dignidade.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino axudará con 70.000 euros ao sector da hostalaría local
O Concello do Pino chama a toda a veciñanza a loitar contra a violencia machista no seu vídeo institucional do 25N »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish