O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Cristina Carril e outros tres membros do C.A. O Pino irán coa selección galega ao Campionato de España de trail runing

Cristina Carril e outros tres membros do C.A. O Pino irán coa selección galega ao Campionato de España de trail runing

Novas

04-05-2022
4 May

Cristina_Carril_Boo coa selección galega de Trail Runing

A atleta pinesa Cristina Carril Boo e outros tres integrantes do Club Atletismo O Pino foron seleccionados para competir coa selección galega no vindeiro Campionato de España de trail runing que se vai celebrar o vindeiro sábado, 7 de maio, na localidad barcelona de Berga.

A proposta do Responsable de trail running e do director técnico da Federación Galega de Atletismo,  facíase pública a lista oficial de atletas convocadas e convocados para competir coa Selección Galega neste campionato. A lista está composta por un total de doce atletas, seis de cada categoría, entre os que figuran catro integrantes do Club Atletismo O Pino (3 mulleres e 1 home), e entre eses 4 está a atleta local Cristina Carril Boo, gañadora absoluta do Trail curto da Pobra, e podio absoluto no recentemente celebrado Trail do Ulla – Tambre. Cristina desenvolvese fantasticamente nesta especialidade do trail running, feito polo cal foi chamada para formar parte da selección autonómica da Federación Galega de Atletismo.

Os outros integrantes do Club Atletismo O Pino seleccionados son Patricia Noya, Silvia Fajíne e Alberto Carou.

A Selección Galega de Trail debuta neste Campionato de relativa recente creación, xa que con esta serán catro as edicións disputadas ata o momento. Ao longo das mesmas a Selección absoluta de Cataluña, con catro títulos, sitúase ao fronte do palmarés, seguida das seleccións de Valencia e País Vasco, cun título.

O obxectivo da Selección no seu debut non é outro que o de representar a unha modalidade atlética en importante incremento na nosa comunidade grazas en parte, ás excelentes condicións xeográficas e orográficas cas que contamos, como ao gran número de afeccionados e afeccionadas que buscan ademais de deporte e novos retos, unha contorna e un espazo natural diferente e motivador.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Pino-Aventura, unha proposta para fomentar o xogo en equipo, o exercicio e a agudeza mental
O Pino súmase ao Camiño dos Dereitos Humanos que promove a Fundación ISHR »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English