O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Coros e grupos tradicionais do Pino e comarca únense no encontro ‘Voces para as Letras’

News

08/05/2025
8 Mai

O centro sociocultural Luis Seoane acolle o sábado 24 de maio un concerto polo Día das Letras Galegas || A cita contará coas agrupacións locais Coro de Arca, Gharatuxa e Reviravolta, xunto con formacións convidadas da contorna ||

Cartel do encontro Voces para as LetrasO centro sociocultural Luis Seoane acollerá o sábado 24 de maio ás 20.00 horas o encontro musical Voces para as Letras, unha cita co talento local e comarcal que reunirá coros e grupos de música tradicional do Pino e arredores, con motivo da celebración das Letras Galegas. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

O encontro contará coas actuacións do Coro de Santa Eulalia de Arca —acompañado nesta ocasión pola Coral Polifónica de Senra (Oroso), baixo a dirección de Daniel Sánchez—, así como das agrupacións locais Gharatuxa e Reviravolta e das compostelás O noso son e Coro Castrosúa.

Esta iniciativa destaca pola participación de músicos e agrupacións vencelladas á contorna, tanto do propio municipio como de concellos próximos, nun ambiente de colaboración e posta en valor da música coral e tradicional galega.

O Concello do Pino colabora con este evento, que subliña o compromiso coa cultura e a lingua a través da música.

Outras actividades polas Letras Galegas

Ademais deste encontro musical, o departamento de Deportes do Concello organiza o sábado 17 de maio o programa O Pino móvese coas Letras Galegas, que inclúe a andaina Camiñando coa lingua, polo tramo do Camiño Francés que atravesa o municipio, e xogos populares no pavillón de Reboredo.

Tamén o 17 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música de Arca, a partir das 19.00 horas no centro sociocultural Luis Seoane.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino acolle a presentación do primeiro libro de Carmiña Carrillo Vaamonde
O Concello do Pino acolle un ciclo de obradoiros prácticos de capacitación dixital »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English