O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Concello e Apaca animan a veciñanza do Pino a poñer microchip e esterilizar cans e gatos

Concello e Apaca animan a veciñanza do Pino a poñer microchip e esterilizar cans e gatos

Novas

02-03-2021
2 Mar
  • Descontos importantes nos prezos, que serán gratuítos para familias con escasos recursos  ||  

  • O obxectivo e reducir a poboación destes animais e ter identificados os cans, como establece a lei  ||  

  • A clínica veterinaria Arsovet de Arzúa colabora nesta campaña, que se desenvolverá ata o día 26  ||  

 

Raquel Freiría (esquerda), xerente de Apaca; Manuel Taboada, alcalde, e Santiago Piñán, presidente de Apaca, esta mañá no Concello de O Pino

 

O Concello de O Pino e a Asociación Protectora de Animais do Camiño (Apaca) veñen de por en marcha a primeira campaña de esterilización e identificación de cans e gatos que se desenvolve nun concello do rural galego. O obxectivo é evitar as camadas non desexadas, reducir a poboación de cans e de gatos, ter aos cans identificados co microchip (como esixe a lei) e evitar problemas xinecolóxicos nas femias. A clínica veterinaria Arsovet, de Arzúa, colabora nesta campaña, que se desenvolverá ata o 26 de marzo.

Concello do Pino e Apaca asinaron un convenio polo que establecen descontos superiores ao 40% para aquelas persoas que queiran acollerse a esta campaña ben esterilizando cans e gatos, ben poñéndolle o microchip aos cans, ou ambas as dúas opcións. O convenio establece que as familias con escasos recursos ou risco de exclusión (que conten cun informe dos Servizos Sociais municipais) poden acollerse gratuitamente a esta campaña, ou pagar uns prezos simbólicos.

“Queremos baixar a sobrepoboación de cans e gatos, e que todos os cans teñan microchip, para facilitar a súa identificación en caso de que se perdan”, explicaba Santiago Piñán, presidente de Apaca. O alcalde, Manuel Taboada, incidía en que cando o Concello ten que recoller un can abandonado, “se leva o microchip, podemos localizar ao seu propietario en poucos minutos para devolverlle o animal. Se non o leva, resulta moi complicado, e o Concello ten que asumir o incremento de custo para ter recollido o can”.

Para participar nesta campaña, as persoas interesadas poden mandarlle un correo electrónico a asociación (apaca@paradoxahumana.com) ou chamar ao teléfono 604 028 306. Dende Apaca explicarán o procedemento a seguir, e incluso se comprometer a visitar o domicilio e facilitar toda a información necesaria.

A esterilización ou colocación do microchip farase na clínica Arsovet de Arzúa, “que ofrece uns prezos moi competitivos, cunha rebaixa superior ao 40% para esta campaña”, indicou Santiago Piñán.

“O microchipeado dos cans e o control da reprodución de cans e gatos é unha obriga dos propietarios dos animais”, indica Raquel Freiría, xerente de Apaca, quen recorda que unha familia non pode ter máis de cinco cans na casa.

Con esta campaña queremos tamén “evitar un problema no Camiño de Santiago”, onde sempre aparecen moitos cans abandonados, ou que seguen aos peregrinos e logo se perden, “e representan un sobreprezo para os concellos, que debemos recollelos, localizar aos seus donos e coidalos”, engade Taboada.

Raquel Freiría recorda que ter cans sen identificar, ou deixar que os animais de compañía se reproduzan descontroladamente, pode implicar sancións de ata 5.000 euros. Apaca financia esta campaña “coa recadación que obtemos da venta do libro Códex Canino, un manual de boas prácticas para facer o Camiño de Santiago con animais”, engade a xerente da asociación.

Manuel Taboada recorda que nesta campaña poden participar todos os veciños empadroados no Pino que o soliciten.

Interior do díptico informativo da campaña, no que figuran os prezos que se aplican para esterilización e colocación de microchip

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino conmemora o Día de Rosalía co alumnado da escola unitaria de Gonzar
O xulgado ratifica a validez do pleno do POS de decembro de 2019 e imponlle o pago de costas ao PSdeG »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish