O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Celia Gómez e Iago Alonso asinan a postal institucional do Nadal no Concello do Pino

News

11/12/2024
11 Dec

A Aula da Escola Unitaria de Gonzar, Icía Tojo Mosquera e Zaira Alonso Tojo tamén resultaron premiados no XXII Concurso de Postais de Nadal ||

Os galardóns entregaranse o 5 de xaneiro no polideportivo de Reboredo, coincidindo coa chegada da Cabalgata dos Reis Magos ||

O Concello do Pino vén de dar a coñecer os gañadores do XXII Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa organizada pola Concellería de Cultura para promover a creatividade e as tradicións entre os máis pequenos da comunidade educativa. Este certame contou coa participación do alumnado do CPI Camiño de Santiago e da Escola Unitaria de Gonzar, estruturado en diferentes categorías.

O deseño elaborado por Celia Gómez Botana e Iago Alonso Tojo, alumnos de 6º B de Primaria do CPI Camiño de Santiago, foi seleccionado como a postal institucional deste Nadal. Esta creación, que combina orixinalidade e espírito festivo, será utilizada polo Concello para felicitar as festas á veciñanza, representando a creatividade da nosa comunidade educativa.

Ademais, no resto de categorías, os premios foron para:

  • Educación Infantil: Aula da Escola Unitaria de Gonzar.
  • Educación Primaria 1º ciclo: Icía Tojo Mosquera, de 2º de Primaria.
  • Educación Primaria 2º ciclo: Zaira Alonso Tojo, de 4º A de Primaria.

A categoría de Secundaria quedou deserta nesta edición.

O xurado estivo formado por Ana Vigo, animadora sociocultural, David Castiñeiras, animador deportivo, e a Educadora familiar Mª Cruz Toande.

Os galardóns entregaranse o 5 de xaneiro de 2025 no polideportivo de Reboredo, coincidindo coa chegada da Cabalgata dos Reis Magos. Cada gañador recibirá un lote de libros e outros elementos educativos como recoñecemento ao seu talento e esforzo.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino celebrará o 10 de decembro un sorteo para adxudicar as prazas vacantes da Campaña da neve
O Pino aproba un orzamento de 5,71 millóns que destina case o 25% a investimentos reais »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English