O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home /Novas / Atopan traballo 8 dos 20 alumnos do obradoiro dual de emprego O Pino-Arzúa clausurado hoxe

Atopan traballo 8 dos 20 alumnos do obradoiro dual de emprego O Pino-Arzúa clausurado hoxe

Novas

24-07-2019
24Jul

Durante nove meses formáronse en operacións básicas de xardinería e remataron as 31 obras programadas

Manuel Taboada: “A formación que recibistes e a experiencia acumulada serviranvos para atopar traballo”

Ovidio Rodeiro: “Recibides un certificado de profesionalidade que facilitará a vosa inserción laboral”

Oito dos vinte alumnos que se forman en tareas auxiliares de xardinería no obradoiro dual de emprego O Pino-Arzúa xa atoparon traballo. Algúns deles puideron obter o título da ESO e todos recolleron esta mañá o certificado de profesionalidade que facilitará a súa incorporación ao mercado laboral, como recordou o delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro.

Aínda que a formación rematará o 1 de agosto, na clausura oficial deste obradoiro, o alcalde do Pino, Manuel Taboada resaltou a importancia da formación que recibiron os alumnos “e a experiencia acumulada durante este nove meses, que vos servirá para atopar traballo”. Na clausura tamén estiveron presentes o alcalde de Arzúa, José Luis García, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Isidoro Martínez. Ao rematar o acto, alumnado e profesorado recolleron os certificados acreditativos.

Saúl de la Peña, director do obradoiro dual de emprego, destacou o bo nivel do alumnado, que foi quen de cumprir todas as expectativas iniciais. “Rematamos as 31 obras programadas, fixemos unha nova área recreativa e limpamos as existentes no Camiño Francés, e tamén rematamos un invernadoiro municipal no Pino”. O director tamén destacou que durante estes nove meses de formación “recibimos ofertas de moitas empresas ofertando postos de traballo para o alumnado”.

Manuel Taboada, alcalde de O Pino, resaltou na clausura a “importancia da formación e a experiencia acumulada por todo o alumnado”, o que facilitará a súa incorporación ao mercado laboral. “As obras quedan feitas, e venas os veciños”, concluíu o alcalde. O alcalde de Arzúa, José Luis García sinalou que este era o primeiro obradoiro de emprego no que participaba o concello e manifestou a súa esperanza de que a formación recibida lle abra “as portas do mercado laboral” ao alumnado.

Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse no Pino nos últimos nove meses en Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería, grazas a este obradoiro dual de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 317.000 euros. Os alumnos comezaron a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluirana o vindeiro 31 de xullo.

Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar o taller de emprego promovido polos concellos do Pino e Arzúa co apoio da Xunta. Os traballos prácticos das alumnas e alumnos consistiron en Arzúa de acondicionamento e reparación de mobiliario en A Peroxa, Boente, Punta Brea, camiño en Fonte Prata. Ademais leváronse a cabo labores de acondicionamento de espazo para contedores no lugar da Castañeda, Fraga Alta, Laberco, Preguntoño, Cortobade, Taberna Vella e en diferentes espazos de Portela-Ribadiso. Tamén se instalaron varandas na zona das Barrosas e se creou unha pequena área de descanso no Raido-Preguntoño.

No concello do Pino acondicionáronse as zonas de Carballeira no Outeiro e as áreas de descanso de Lengüelle, Cerceda e Santa Irene, instalouse un invernadoiro no concello e se colocaron máis de 50 cubrecontedores en diferentes puntos.

Ovidio Rodeiro destacou na súa intervención que “estes obradoiros, que promove a Xunta coa colaboración dos concellos, permiten aos participantes obter unha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos”. O delegado territorial felicitou a todos “porque a partir de agora estades mellor preparados que fai 9 meses para atopar un emprego, xa que a vosa formación adaptouse ás necesidade das empresas desta comarca”.

Obradoiros na comarca de Santiago

Os municipios da área de Santiago contaron en 2018 cun total de 11 obradoiros de emprego, 8 deles de carácter dual, onde participaron alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu en políticas activas de emprego 2.624.610 euros.

Os talleres ordinarios contan con formación e un acceso a un contrato de traballo durante nove meses e os duais a maiores ofrecen 3 meses máis de traballo nunha empresa da zona na especialidade na que se forman os alumnos.

Os 8 obradoiros duais, cada un con 20 prazas salvo o de Teo, que ten 8, tiveron lugar en Padrón, compartido con Rois e Dodro; en Negreira, compartido con Santa Comba, A Baña e Val do Dubra; no Pino, compartido con Arzúa; en Ordes, compartido con Frades e Mesía; en Melide, compartido con Boimorto; en Teo en Santiago de Compostela, compartido con Ames e en Santa Comba, compartido con Dumbría e Mazaricos.

Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil realizáronse en Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra de 16 prazas; Rois, compartido con Padrón en Dodro de 10 prazas; e Santiago, compartido con Teo de 16 prazas.

Estes obradoiros permitiron que un total de 190 persoas desempregadas se formasen nun oficio mentres realizaron tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibiron un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais foi de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.

Album de fotos do acto no facebook do Concello de O Pino (neste enlace)

Equipo docente do obradoiro de emprego O Pino-Arzúa

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Andrea Mosteiro canta con Rosa Cedrón na presentación do vídeo turístico de O Pino
Ainoa Rodeiro logra unha troita de medio quilo no Pescapino, no que pescan os 20 participantes »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

SAVE & ACCEPT
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English