O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / As persoas menores de 21 anos viaxarán gratis no transporte público de toda Galicia

As persoas menores de 21 anos viaxarán gratis no transporte público de toda Galicia

Novas

14-05-2021
14 May
  • Deberán adquirir a tarxeta Xente Nova nunha oficina de Abanca //

  • A medida entra en vigor o vindeiro venres 21 de maio //

    Tarxeta NovaAs persoas menores de 21 anos poderán utilizar de forma gratuíta o transporte público en Galicia desde o vindeiro venres 21 de maio. Para iso, deben dispoñer dunha tarxeta Xente Nova que poderán adquirir en calquera das oficinas de Abanca ubicadas nas catro provincias galegas e que lles permitirá realizar ata sesenta viaxes interurbanas de balde ao mes.

    A Xunta estende así os beneficios dun dispositivo que ata o de agora podía empregarse só nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en trece concellos da área de Pontevedra. A tarxeta serve para viaxar de balde tanto no autobús, como no barco da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita da zona de Ferrol.

    Unha vez adquirida a tarxeta, a mocidade pode comezar a utilizala cargándoa cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes. O importe seralles reintegrado logo no mesmo dispositivo. A web www.bus.gal permite consultar toda a información sobre o dispositivo e as súas vantaxas, o listado das sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello.

     

     

     

     

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A biblioteca do Pino fará un mosaico de homenaxe a Xela Arias con fotos da veciñanza
A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 61.136 euros »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English