O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

As familias do Concello do Pino aprenderon e gozaron nas Xornadas de Corresponsabilidade

News

01/10/2024
1 Oct

Máis de 130 persoas participaron nas diferentes actividades realizadas ao longo da fin de semana ||

O obxectivo foi fomentar a igualdade de xénero e promover a repartición equitativa das tarefas domésticas e dos tempos de coidado no fogar ||

O Concello do Pino celebrou esta fin de semana as Xornadas de Corresponsabilidade en Familia, unha iniciativa financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad a través do Plan Corresponsables. Estas xornadas tiveron como obxectivo principal fomentar a igualdade de xénero e promover a repartición equitativa das tarefas domésticas e dos tempos de coidado no fogar, nunha contorna lúdica e familiar.

O sábado, un total de 56 persoas participaron na xincana corresponsable, formada por 14 grupos integrados por 4 ou 5 persoas. Nesta actividade, os grupos tiveron que colaborar en diferentes probas, poñendo en práctica o traballo en equipo e a corresponsabilidade. A xornada continuou cunha tarde de diversión coa actuación musical e o parque de inchables, que foron un éxito entre as familias asistentes.

O domingo, arredor de 60 persoas gozaron das actividades lúdicas, que incluíron un doce almorzo con chocolate e churros, creando un espazo de encontro para compartir en familia. Máis tarde, 16 participantes uníronse á saída micolóxica, na que descubriron as variedades de setas da zona, fomentando o contacto coa natureza e o respecto polo medio ambiente. A actividade rematou coa degustación dos produtos recollidos, nun ambiente de convivencia familiar.

Estas xornadas destacaron polo seu enfoque interxeracional, ofrecendo un espazo onde as familias do Pino puideron reflexionar e practicar a corresponsabilidade nun contexto lúdico pero tamén educativo.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino terá como festivos locais en 2025 o día da Ascensión e o da festa da Madalena
O Concello do Pino acolle unhas xornadas de atletismo ao abeiro do Plan Corresponsables »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English