O Concello do Pino informa de que xa está aberto o prazo para que as persoas responsables das comisións de festas das trece parroquias do municipio soliciten as axudas municipais destinadas a facer as festas patronais neste ano 2025. As achegas nominativas asceden a 1.000 euros cada unha delas, con cargo ao orzamento de 2025.
De cara a proceder á tramitación destas subvencións, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación:
- NIF da Entidade.
- Declaración responsable na que se fai constar que cumpre con todos os requisitos para se beneficiar da axuda segundo o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003; que non está incursa en ningún suposto de incompatibilidade para a percepción de subvencións públicas; que se atopa ao corrente de pago dos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social, e que non ten pendente de pago ningunha cantidade derivada de expedientes de reintegro de subvencións.
- Declaración responsable do compromiso de que todo o persoal adicado a realización das actividades ou proxectos solicitados que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no art. 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro de Protección Xurídica do menor e no art. 8.4 da Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado.
- Certificación bancaria do número de conta a nome da asociación por entidade beneficiada, en o que se deba facer o ingreso da axuda correspondente.
- Nomeamento de cargos en vigor.
- Autorización para recadar os datos na Axencia Tributaria, ATRIGA e Seguridade Social
As bases da convocatoria, o formulario de solicitude e os anexos de declaracións responsables poden descargarse nesta ligazón.