O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Alumnado da unitaria de Gonzar celebran o día de Rosalía cun xogo de pistas sobre a súa vida

Alumnado da unitaria de Gonzar celebran o día de Rosalía cun xogo de pistas sobre a súa vida

Novas

23-02-2022
23 Feb
  • O Concello agasallounos cunhas bolsas conmemorativas, uns libros, un debuxo e un conto para compartir coa familia  ||  

O Concello de O Pino conmemorou hoxe o Día de Rosalía co alumnado da escola unitaria de Gonzar, que participou activamente nun xogo de pistas baseado na vida e obra da escritora galega máis universal.

A  responsable da biblioteca municipal, Ana Vigo, resumiulles os aspectos máis importantes da vida de Rosalía, e facilitáballe pistas para atopar diferentes obxectos relacionados coa escritora que a concelleira de Cultura, Eva Varela, agochaba en diferentes lugares.

A mañá resultou moi entretida para as nenas e nenos que hoxe acudiron á escola, que gozaron participando neste xogo, mentres coñecían algo máis da vida e obra de Rosalía de Castro.

Ademais de poder ver unha escolma de libros de Rosalía, nenas e nenos levaron como recordo para a súas casas unha bolsa conmemorativa coa imaxe de Rosalía de Castro. No seu interior unha reprodución do conto coa vida da poeta para compartir coa familia, un debuxo para colorear e unha bolsa de lambonadas, entre outras sorpresas.

Ao rematar o xogo, os nove nenos e nenas que hoxe acudiron á clase animaron a toda a veciñanza a celebrar o 23 de febreiro co berro “Feliz día de Rosalía”.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Xa poden solicitarse as axudas á rehabilitación de vivenda no Camiño de Santiago
O Pino celebra este domingo unha Tarde de Entroido divertida para nenas e nenos »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English