O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Ábrese o prazo de solicitudes para a Escola de Verán do concello de O Pino

Ábrese o prazo de solicitudes para a Escola de Verán do concello de O Pino

Novas

17-06-2019
17 Jun

O verán está a volta da esquina e con el o tempo de lecer dos nenos aumenta. Para axudar a ocupalo e permitir ás familias compaxinar a vida familiar e laboral, comeza dende xa o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2019 no Concello de O Pino.

A iniciativa do departamento de Servizos Sociais de O Pino está dirixida a nenas e nenos dende os tres ata os doce anos e bota a andar o 24 de xuño, rematando o 10 de setembro. O horario da Escola de Verán vai dende as 8.30 ata as 14.30 horas. Ademais, para inscribir aos cativos, hai que facelo nunha das quendas existentes, divididas en 15 días.

  • Xuño. Do 24 ao 28 de xuño.
  • Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo.
  • Segunda quenda: do 16 ao 31 de xullo.
  • Terceira quenda: do 1 ao 15 de agosto.
  • Cuarta quenda: do 16 ao 31 de agosto.
  • Do 2 ao 10 de setembro.

Entre as actividades que se desenvolverán atópanse obradoiros, rutas de sendeirismo, deportes, xogos e excursións culturais, que se realizarán tanto nas instalacións do CPI Camiño de Santiago, como no polideportivo e outros lugares do concello de O Pino.

Para anotarse e poder participar nesta actividade, débese cubrir a folla de inscrición que se atora na sección de formularios nesta web (preme aquí) e presentalas xunto co xustificante de ingreso na casa do concello. Para máis información, pódese chamar aos teléfonos 981 511 002 ou ao 677 555 748.

Tanto as bases da escola de verán como a folla de inscrición pódense consultar na sección de formularios nesta web ou nos documentos adjuntos.

Icon

Bases Escola de Verán 2019

1 file(s) 464.88 KB
Download
Icon

Ficha inscrición Escola de Verán 2019

1 file(s) 1.51 MB
Download
Tweet
Share79
Share
Pin
79 Shares
« Manuel Taboada Vigo afronta a súa 6ª lexislatura consecutiva como alcalde do Concello de O Pino
Máis de 100 inscritos para O Gran Camiño, o medio maratón que se celebra en dúas semanas »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English