O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Ábrense as inscricións para ir ao balneario de Cuntis co programa Vai de auga

Ábrense as inscricións para ir ao balneario de Cuntis co programa Vai de auga

Novas

14-04-2023
14 Apr
  • As persoas beneficiarias poderán gozar de cinco sesións no circuíto lúdico termal Acquaform //
  • O prezo é de 70 euros e inclúe o desprazamento gratuíto en autobús por conta do Concello //
  • As saídas faranse os días 3, 10, 24, 31 de maio e 7 de xuño ás 16.30 horas //

O Concello do Pino promove un ano máis o exitoso programa Vai de Auga, que leva á veciñanza a gozar do circuíto lúdico termal do balneario de Cuntis. As persoas beneficiarias poderán gozar dun total de cinco sesións no Acquaform con saída dende a Praza do Concello todos os mércores pola tarde entre o 3 de maio e o 7 de xuño, agás o 17 de maio por ser o Día das Letras Galegas.

O prezo do programa é de 70 euros e inclúe tanto as sesións termais como o desprazamento gratuíto en autobús, posto que o financia o Concello do Pino. En concreto, as saídas a Cuntis faranse os días 3, 10, 24, 31 de maio e 7 de xuño. O autobús partirá ás 16.30 horas da Praza do Concello e regresará ao remate da sesión.

As persoas interesadas en participar no programa Vai de auga teñen que chamar á Casa da Cultura ao número de teléfono 981 511 065 para reservar a súa praza. Lémbrase que, no caso de que se apunten menores, deberán estar supervisados por unha persoa adulta e tamén que as prazas son limitadas.

A ficha de inscrición e o número de conta bancaria para facer o ingreso figuran no documento adxunto

Icon

Vai de Auga: ficha de inscrición e conta bancaria

1 file(s) 177.59 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino destina 45.220 € a subvencións municipais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro
Aberta a inscrición para o Pino-Aventura que se desenvolverá o 20 de maio na área recreativa da Tarroeira »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English