O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Aberto o prazo para solicitar as axudas para asociacións culturais e deportivas

News

26/02/2025
26 Feb

Subvencións para asociacións culturais e deportivasO Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica na súa edición do martes 25 de febreiro o extracto das bases da convocatoria de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello do Pino para o presente exercicio 2025.

A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, deportivas e de patrimonio histórico do Pino, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá.

A contía das subvencións non poderá superar os 2.500 euros, no caso das asociacións culturais; e chegará ata os 3.000 euros no das asociacións deportivas.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Concello do Pino no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP, isto é, a partir do mércores 26 de febreiro. Tamén poderán presentarse de xeito presencial no Rexistro do Concello do Pino.

As bases da convocatoria publicáronse no BOP da Coruña número 33, de 18 de febreiro de 2025. Poden consultarse nesta ligazón, na que tamén se pode descargar o formulario de solicitude e o modelo de xustificación de subvencións.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« As comisións de festas xa poden solicitar as axudas do Concello para facer as festas patronais
O Pino abre ata o luns 3 de marzo a inscrición no campamento Concilia Carnaval 2025 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English