O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Aberto o prazo de inscrición para o Campus de Verán do RC Celta no Pino

News

15/05/2026
15 May

O programa desenvolverase do 13 ao 17 de xullo no campo municipal de Reboredo ||

Inclúe descontos para xogadores da SD O Pino e participantes nas Escolas Deportivas Municipais ||

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Campus de Verán Celta by Cabreiroá 2026, unha iniciativa formativa e deportiva impulsada polo RC Celta que volverá contar este verán cunha sede no Concello do Pino.

O campus desenvolverase no Campo Municipal de Reboredo entre os días 13 e 17 de xullo e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos.

Durante cinco xornadas, as persoas participantes poderán desfrutar de adestramentos baseados na metodoloxía oficial do RC Celta, combinando aprendizaxe, actividade física e diversión a través de diferentes xogos, competicións e dinámicas deportivas.

A actividade desenvolverase en horario de mañá, con entrada entre as 9.30 e as 9.40 horas, actividade de 9.45 a 13.45 horas e saída entre as 13.50 e as 14.00 horas.

O campus inclúe equipación completa de adestramento -camiseta, pantalón e medias-, merenda diaria, diploma acreditativo, participación en competicións e actividades, así como un sorteo de agasallos ao remate da semana. Ademais, os participantes poderán optar ao denominado Premio Afouteza, que ofrece a posibilidade de adestrar con A Canteira do RC Celta.

Os prezos establecidos para esta edición son de 165 euros na tarifa xeral e 149 euros no caso das persoas beneficiarias do desconto.

Prezos reducidos

Neste sentido, poderán acceder ao prezo reducido os xogadores e xogadoras da SD O Pino, así como os rapaces e rapazas inscritos nas Escolas Deportivas Municipais. Para beneficiarse deste desconto deberán seleccionar durante a inscrición a opción “prezo con desconto” e indicar como club colaborador ou convenido a SD O Pino.

No caso dos xogadores federados da SD O Pino será necesario achegar copia da ficha federativa, mentres que os participantes das Escolas Deportivas Municipais deberán presentar a ficha Xogade, documento que poderá solicitarse no departamento municipal de Deportes.

Desde a organización lembran que as prazas son limitadas e adoitan completarse rapidamente, polo que recomendan realizar a inscrición coa maior antelación posible.

As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa ao campus premendo neste enlace e formalizar a súa inscrición a través deste enlace.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino promove cursos de primeiros auxilios ao asinar un convenio con investigadores do Sicrus
Escola de verán 2026: Formulario de inscrición e bases »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English