O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Aberta a preinscrición do Inglés Lúdico para alumnado de Infantil, Primaria e ESO

News

07/09/2018
7 Set

O Concello de O Pino abre o prazo de preinscrición para que os alumnos de Infantil, Primaria e ESO que o desexen poidan asistir ao Inglés Lúdico, unha actividade que promove o departamento de Servizos Sociais da Concellería de Muller e Benestar Social. O prazo remata o 21 de setembro, ás 14.00 horas e a asignación de prazas farase por rigorosa orde de preinscrición.

No Inglés Lúdico poden participar nenas e nenos de 3 a 16 anos. As clases desenvolveranse no local municipal situado na praza de Forcarei, a partir do mes de outubro. Inicialmente está previsto que sexan os martes e venres, aínda que os días e clases van depender do número final de inscritos.

O prazos establecidos para este proceso son os seguintes:

21 de setembroás 14.00 horas. Remata o prazo de preinscrición.

24 de setembro: Publicación no taboleiro de anuncios do concello do listado de admitidos, asignación de grupo e horario.

28 de setembro:Remata o prazo de confirmación de praza mediante o abonamento correspondente ao primeiro trimestre ou a cota única. Farase no departamento de Servizos Sociais.

Outubro: comezo das clases.

O pasado curso participaron un cento de nenos e nenas nesta actividade, por eso é importante facer a preinscrición o antes posible.

Para máis información, contactar co departamento de Servizos Sociais do concello persoalmente o a través do teléfono 981 511 002.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O programa Vai de Praia empeza no Pino con trinta persoas anotadas para viaxar a Boiro
Dezaséis equipos no III Torneo Fútbol 7 Concello de O Pino benxamín e alevín esta fin de semana »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English