O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Cultura / Aberta a inscrición para o Pino-Aventura que se desenvolverá o 20 de maio na área recreativa da Tarroeira

Aberta a inscrición para o Pino-Aventura que se desenvolverá o 20 de maio na área recreativa da Tarroeira

Cultura· Novas

05-05-2023
5 May
  • A actividade vai dirixida a persoas a partir de 8 anos que deberán formar equipos de entre 2 e 5 membros ||

  • A proposta, organizada polo Concello en colaboración con Territorio Comanche e a Xunta, quere fomentar o xogo en equipo, o exercicio, a agudeza mental e o coñecemento do territorio  ||

  • En dúas horas e media os participantes deberán superar diversas probas e orientarse cun mapa  para acadar o maior número de puntos posible ||

  • A data límite para anotarse remata o mércores 19 de maio ás 13.00 horas||

A Concellaría de Cultura vén de abrir o prazo de inscrición para participar na segunda edición do Pino-Aventura. A actividade vai destinada a persoas a partir de 8 anos e ten por finalidade fomentar o xogo en equipo, exercicio, a agudeza mental e o coñecemento do territorio. Celebrarase o sábado 20 de maio e este ano terá por escenario a contorna da área recreativa da Tarroeira. A proposta está organizada polo Concello do Pino, en colaboración coa empresa Territorio Comanche e a Xunta de Galicia.

As persoas participantes deberán formar equipos de entre 2 e 5 persoas para superar diversas probas (físicas ou de coñecemento), orientarse cun mapa e percorrer a contorna para localizar unha serie de puntos de control ou balizas. Nun máximo de dúas horas e media os equipos participantes deberán conseguir o maior número de puntos posibles. Cada equipo decide libremente a orde de busca e o ritmo a seguir. Trátase dun xogo estratéxico no que a toma de decisións e, sobre todo, o traballo en equipo son fundamentais para acadar o éxito.

A data límite para inscribirse no Pino-Aventura rematará o venres 19 de maio, ás 13.00 horas. As persoas interesadas poderán anotarse de xeito presencial na Casa da Cultura, por teléfono (chamando ao 981 511 065) ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@opino.gal.

Para anotarse nesta actividade é necesario facilitar os seguintes datos: nome do equipo, teléfono de contacto, nome completo e data de nacemento de cada un dos integrantes. Os menores de 12 anos deberán aportar tamén unha autorización da nai, pai ou titor.

Pino-Aventura contempla dúas categorías: Pequen@s Piñeir@s, reservada para os grupos no que haxa, polo menos, un menor de 12 anos; e Explorador@s Piñeir@s para os equipos nos que todos os seus membros sexan maiores desa idade.

Antes de empezar a proba, a  organización facilitaralle a cada grupo un mapa (con toda a información necesaria para orientarse); unha folla de descrición das balizas (as zonas de control) e dos puntos que vale cada unha. Un tríptico, no que cada equipo deberá apuntar as respostas das probas de coñecemento e o seu paso polas balizas, e un bolígrafo completarán o material necesario para participar. Os equipos participantes en Pino-Aventura iniciarán a proba ás 10.30 horas na área recreativa da Tarroeira.

Cada equipo deberá levar polo menos un teléfono móbil, para estar sempre localizado, auga, roupa e calzado cómodo para andar ou correr.

Ao rematar a proba haberá un punto de avituallamento para que as persoas participantes poidan repoñer forzas.

Escape room para o alumnado da ESO

Por outra banda, o alumnado da ESO do CPI Camiño de Santiago participará o 19 de maio nun escape room organizado pola Concellaría de Cultura, que ten por obxectivo resaltar o potencial cultural e turístico das tradicións galegas máis ancestrais. Mitos, lendas, costumes ancestrais, tradicións ou supersticións serán algúns dos elementos cos que se atopará o alumnado que participe no escape room que vai desenvolver Territorio Comanche en colaboración coa Xunta de Galicia

Neste escape room, de algo máis de hora e media de duración, as persoas participantes, agrupadas por equipos, recibirán unha charla técnica de quince minutos e logo terán unha hora para atopar as pistas que lles permita ir superando as diferentes probas e coñecer algo máis sobre o lobishome, os biosbardos, as meigas, a Santa Compaña, Santo André de Teixido ou a catedral de Santiago, entre outros. Haberá despois unha terceira fase, na que os equipos deberán responder a unha rolda de preguntas para reforzar os contidos traballadores durante o escape room.

Os dous equipos que acaden unha maior puntuación nestas dúas fases deberán competir entre si nunha proba final chamada A pirámide para decidir cal é o gañador.

Atoparás a folla de incrición no documento adxunto:

Icon

Folla de inscrición O Pino Aventura

1 file(s) 424.80 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Ábrense as inscricións para ir ao balneario de Cuntis co programa Vai de auga
O Pino adxudica o Servizo de Axuda no Fogar en 486.812 euros para 21.898 horas anuais de atención »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English