O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A Xunta modificará os horarios dos autobuses no Pino para adaptalos ás entradas e saídas dos institutos en Santiago

News

13/01/2021
13 Xan
  • O xefe territorial de Mobilidade comunicoulle a decisión ao alcalde nunha reunión a última hora de onte //
  • Vaise retrasar 20 minutos a saída da liña cara a Santiago pola mañá, e 10 minutos o regreso ao mediodía //

Estrada N-547 ao seu paso por Pedrouzo, no Pino

O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta na Coruña, José Antonio Álvarez Vidal, comunicoulle ao alcalde do Pino, nunha xuntanza que mantiveron a última hora da tarde de martes, que o Goberno galego vai modificar os horarios da liña de autobuses que cubre o traxecto O Pino-Santiago para adaptalos ás horas de entrada e saída dos institutos en Compostela.

A Xunta vai modificar o horario do autobús de primeira hora cara a Santiago, adiantando uns 15 minutos o seu paso polas paradas no Pino (de Arca sairá ás 08.15 horas), para chegar a capital de Galicia sobre as 09.45. Deste xeito o alumnado poderá chegar a tempo ás clases sen ter que esperar unha hora, como pasa actualmente. O autobús que parte de Santiago ao mediodía vai retrasar a súa saída uns 10 minutos (partirá da estación de autobuses ás 14.40 horas), para que ao alumnado lle dea tempo de rematar as clases e poida chegar a xantar sobre as tres da tarde.

O alcalde, Manuel Taboada, solicitara o luns unha reunión urxente co director xeral de Mobilidade para expoñerlle o prexuízo que os horarios actuais lle ocasionan o alumnado do Pino que estuda nos institutos de Santiago. Dende que comezaron as clases o pasado venres, pola mañá, ou chegaban tarde ou tiñan que esperar unha hora a que comezaran as clases. A mediodía, non chegaban a Arca ata as catro da tarde.

Na reunión de onte, celebrada a última hora da tarde na Coruña, José Antonio Álvarez Vidal explicoulle a Manuel Taboada que os novos horarios entrarán en vigor o 25 de xaneiro. Esta demora débese a que é necesario modificar toda a programación dos horarios dos autobuses na aplicación informática.

O alcalde do Pino agradeceulle ao representante da Xunta a axilidade para arranxar este problema, ocasionado pola nova adxudicación da concesión de transportes de viaxeiros por estrada que entrou en vigor o pasado 23 de decembro.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O alcalde do Pino pide cambios nos horarios dos autobuses para non prexudicar aos estudantes
O Concello do Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19 »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English