O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / A Xunta mellora con máis de 48.300 euros o camiño municipal de Frechazo Último a Leiras

A Xunta mellora con máis de 48.300 euros o camiño municipal de Frechazo Último a Leiras

Novas

20-03-2023
20 Mar

A obras consisten no bacheo e asfaltado nunha lonxitude lineal de 2.135 metros ata o límite co municipio de Touro   ||  

Os traballos xa comezaron e teñen un prazo de execución de catro meses   ||  

Esta axuda vén a complementar as recibidas polo Concello do Pino ao  abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, que ascende a 400.000 euros dende 2018   ||  

O alcalde, Manuel Taboada , e o Conselleiro José González visitan un camiño en Ferreiros que arranxar a Consellería

 

A Consellería do Medio Rural colabora co Concello do Pino na mellora do seu viario rural, mediante o acondicionamento dun camiño por importe superior aos 48.300 euros. Así o acordaron o conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, tras supervisar de primeira man o estado deste viario, acompañados polo alcalde, Manuel Taboada.

Así, a obra consiste no acondicionamento do camiño de titularidade municipal de Frechazo Último a Leiras (no límite co municipio de Touro), cunha lonxitude total de actuación de 2.135 metros lineais. Procederase ao seu bacheo e asfaltado, mellorando desta forma a capa de rodaxe. Así mesmo, procederase á apertura de gabias e limpeza de salvagabias para unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal.

Nunha parte deste camiño, tamén se colocará unha varanda metálica de seguridade á altura do Río das Lañas. As obras acaban de comezar e teñen un prazo de execución de catro meses.

Esta axuda vén a complementar as recibidas nos últimos anos ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Así, desde o ano 2018, o Concello do Pino foi beneficiario de algo máis de 400.000 euros para arranxar diversos viarios.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Medio Rural inicia a consulta pública para a concentración parcelaria dos montes de Arca e Pereira
Admitidas todas as solicitudes para participar no campamento de conciliación Lecer Semana Santa »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • Galician
  • Spanish
  • English